Desenrolado por coroa.es


O Concello do Carballiño colabora no curso de monitor de tempo libre, monitor ambiental e manipulador de alimentos organizado pola Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto e Sustinea. A Casa da Cultura da vila acollerá as actividades e formacións prácticas que capacitarán ao alumnado para traballar como monitores.
“Hai un déficit de persoas tituladas nesta área, polo que o curso supón unha ferramenta de formación e inserción laboral para persoas do Carballiño e do resto da provincia”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, durante a presentación da iniciativa. O edil animou á poboación a inscribirse e agradeceu á organización á elección do Carballiño como sede do curso.
A formación está composta por 200 horas, 60 en liña e 140 presenciais, na Casa da Cultura, segundo detallou Sergio Palleiro, director da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto. “Haberá unha actividade final no albergue de Ordelles, no Pereiro de Aguiar”, explicou. A parte presencial levarase a cabo nas fin de semanas do 28 de febreiro ao 5 de abril, con 10 horas formativas diariamente. “O alumnado recibirá a capacitación para a realización de actividades de ocio e tempo libre, desde vodas, bautizos e comunións ata campamentos de verán”, resaltou Palleiro.
Pola súa parte, Paulo Vázquez, presidente de Sustinea, fixo fincapé na falta de monitorado titulado na provincia ourensá. “Vémonos na obriga de importar monitores doutras provincias, polo que esta formación é unha boa oportunidade formativa e laboral”, apuntou.
A inscrición ten un custo de 250 euros e pódese formalizar a través do correo etl.xogo.descuberto@gmail.com [5] ou do formulario da páxina web da Escola. O prazo remata o 22 de febreiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-un-curso-de-formacion-de-monitores-de-tempo-libre-e-ambiental-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-un-curso-de-formacion-de-monitores-de-tempo-libre-e-ambiental-e
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño acolle un curso de formación de monitores de tempo libre e ambiental, e manipulador de alimentos. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-acolle-un-curso-de-formacion-de-monitores-de-tempo-libre-e-ambiental-e
[4] http://copecarballino.es/print/69699
[5] mailto:etl.xogo.descuberto@gmail.com