Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > XA ESTÁ BEN... DIGO EU

16, Febreiro 2026 [1] [2] [3] [4]

    O de este Goberno Municipal coas rúas Puerto Rico e Colombia xa non ten nome. Supera o soportable. Temos a rúa chea de fochancas, socavóns, cráteres, máis ben xa non temos rúa. Dende aquí pídolle o grupo de goberno, que troque o nome deste vial. Lameiro ou Congostra Colombia. Às cousas hai que chamarlle polo seu nome.

   Pero o asunto mellora. Agora en pleno entroido, en inverno con choiva, néboa e demais elementos, resulta que levamos DUAS NOITES SEN ALUMEADO PÚBLICO EN COLOMBIA E PORTO RICO.

    Pase que non teñamos servizo de limpeza, que teñamos os contedores na Julio Rodríguez Soto, que todos os cans do Carballiño veñan mexar e ... a esta rúa, pero home que estemos a escuras xa é  pasarse. 

    Neste intre son as oito da tarde e da medo, pavor circular pola rúa Colombia. 

    Logo imos por hai falando de estadios de fútbol, parques empresariais, aeroportos e reloxos de sol.

     Vaiche boa vai.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/xa-esta-ben-digo-eu

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/xa-esta-ben-digo-eu [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/xa-esta-ben-digo-eu [3] whatsapp://send?text=XA ESTÁ BEN... DIGO EU http://copecarballino.es/denunciacidada/xa-esta-ben-digo-eu [4] http://copecarballino.es/print/69749