Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Conselleiro de Sanidade avanza no Pleno do Parlamento que a Xunta licitará o proxecto do Centro Integral de Saúde do Carballiño no primeiro semestre deste ano

25, Febreiro 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, que a Xunta ten previsto licitar a redacción do proxecto do Centro Integral de Saúde do Carballiño neste primeiro semestre do ano.

Na súa intervención no Pazo do Hórreo, o titular da carteira sanitaria dixo que o orzamento para a redacción do proxecto e dirección de obra do Centro Integral de Saúde do Carballiño se situará no entorno dos 600.000 euros.

Tal e como detallou Gómez Caamaño, esta nova infraestrutura sanitaria disporá de máis de 4.500 m2, o que significa que contará con máis do dobre de espazo que o centro de saúde actual. O Plan funcional prevé 22 consultas de medicina familiar e comunitaria, área pediátrica, de saúde mental, atención bucodental, consultas de saúde da muller, sala de docencia e, ademais, un Punto de Atención Continuada reforzado.

O conselleiro referiu que o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución definitiva da modificación necesaria do plan urbanístico municipal en outubro do pasado ano, trámite que correspondeu ao Concello levar a cabo e, desde entón, a Xunta xa está a traballar preparando o prego de licitación para a redacción do proxecto.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-avanza-no-pleno-do-parlamento-que-xunta-licitara-o-proxecto-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-avanza-no-pleno-do-parlamento-que-xunta-licitara-o-proxecto-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-avanza-no-pleno-do-parlamento-que-xunta-licitara-o-proxecto-do [3] whatsapp://send?text=O Conselleiro de Sanidade avanza no Pleno do Parlamento que a Xunta licitará o proxecto do Centro Integral de Saúde do Carballiño no primeiro semestre deste ano http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-avanza-no-pleno-do-parlamento-que-xunta-licitara-o-proxecto-do [4] http://copecarballino.es/print/69787