Desenrolado por coroa.es

Como ciudadán da aldea de Porto de Eguas, gustariame pedirlle o Concelleiro do Rural, Miguel Fernández e o Alcalde do Carballiño que se pasen por dita aldea e vexan nas condicions nas que temos que vivir , todos os días temos que pasar por diante dunha casa en ruinas, o tellado xa lle caeu case todo, e ahora as paredes de pedra estan a punto de caer tamén , o peor é que xusto caen pa o unico camiño polo que temos que pasar pa ir as nosas casas, a fonte , etc tanto a pé como no coche, estamos en continuo perigo, arriesgando a nosas vidas, o máis triste de todo esto é que a casa ten dono ( pero como non a necesita e os cartos tampouco, a casa heredouna dunha tía) nin a vende nin arregla, ten todo abandonado.
Pero que pasa cos veciños que transitamos ese camiño a diario. A filosofia deste señor é : mentras eu estea ben os demáis que se jodan.
E que decir da casa dos Paniaguas que está o lado da carretera vella que vai pa Ribadavia, antes de chegar o forno de Refoxo, tamen está caendo toda , calquer dia caelle a un coche enriba unha pedra ou os balaùstres do balcòn e das cornixas.
Os peatòns xa temos que ir sempre pola acera da dereita pa ir polo pan e volver pola misma por se nos cae algo na cabeza.
È moi triste que os veciños teñamos que andar denunciandonos por estas cousas, USEMOS O SENTIDO COMÚN ANTES DE QUE PASE ALGO.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-rural-porto-de-eguas-comarca-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-rural-porto-de-eguas-comarca-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=O RURAL : PORTO DE EGUAS ( COMARCA DO CARBALLIÑO) http://copecarballino.es/denunciacidada/o-rural-porto-de-eguas-comarca-do-carballino
[4] http://copecarballino.es/print/69835