Desenrolado por coroa.es


O Concello de San Amaro organiza esta fin de semana dúas actividades vinculadas ao mundo ecuestre, pensadas para promover a convivencia, o deporte e a posta en valor do noso patrimonio natural e cultural.
O Sábado 14 será a IV Ruta Cabalar do Concello de San Amaro, un percorrido a cabalo por distintos puntos emblemáticos do municipio, como a Escola de Equitación, o mosteiro budista e o castro de San Cibrao de Las. A Saída será ás 15:30 h. desde o Campo da Feira de San Amaro
Haberá Cea popular: 22:00 h (aberta a veciñanza e visitantes)
Música: 23:00 h coa Discomovil Show
O Domingo terá lugar unha proba puntuable para a Liga Interclubs de Doma Clásica de Galicia.
A Escola Municipal de Equitación San Amaro, acollerá por segunda vez unha proba desta competición autonómica. Horario: de 10:00 a 14:00 h.
Durante a xornada participarán numerosos nenos e nenas apaixonados polo mundo do cabalo, nun entorno único e farannos disfrutar co seu talento.
O Concello de San Amaro convida á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse esta fin de semana e desfrutar destas actividades.
Na entrevista de Xan Pinal podes escoitar ao alcalde Fernando Redondo, e aos organizadores, Manuel, Quique e Marcos:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fin-de-semana-co-cabalo-como-protagonista-en-san-amaro-con-ruta-turistica-cea-popular-e-doma
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fin-de-semana-co-cabalo-como-protagonista-en-san-amaro-con-ruta-turistica-cea-popular-e-doma
[3] whatsapp://send?text=Fin de semana co cabalo como protagonista en San Amaro, con ruta turística, cea popular e doma clásica. http://copecarballino.es/novas/fin-de-semana-co-cabalo-como-protagonista-en-san-amaro-con-ruta-turistica-cea-popular-e-doma
[4] http://copecarballino.es/print/69838