Desenrolado por coroa.es


A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da rúa Rei de Viana, que suporá un investimento conxunto que roldará os 240.000 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe o convenio de colaboración co alcalde, Francisco José Fernández Pérez, para a execución desta actuación ao abeiro do Plan Hurbe.
A través desta actuación, abordarase a humanización desta rúa, situada no centro da trama urbana do núcleo de Leiro, así como da praza do mesmo nome que se atopa ao seu inicio.
O obxectivo é mellorar as prestacións deste viario, tanto na circulación rodada como peonil e, deste xeito, acometerase a repavimentación da rúa, que une a Casa Consistorial coa Biblioteca pasando a carón da Igrexa Nova, cunha intervención tamén na rede de saneamento, pluviais, a renovación do acabado das beirarrúas, abastecemento e reparación do mobiliario urbano e substitución de luminarias.
A conselleira destacou a “exemplar” colaboración co Concello de Leiro para traballar conxuntamente nesta actuación de humanización, “que vai supoñer un antes e un despois”. E subliñou o compromiso da Xunta para seguir avanzando “na Galicia Calidade que temos e pola que seguimos apostando”.
A través deste convenio, vixente ata o 31 de decembro, o Goberno galego cofinanciará nun 70% a actuación, cun investimento de case 168.000€, e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello de Leiro achegará o 30% restante, uns 72.000€. Os traballos, que se licitarán coa maior axilidade, terán un prazo de execución de 5 meses.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-de-leiro-colaboran-na-humanizacion-da-rua-rei-de-viana-que-supora-un
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-de-leiro-colaboran-na-humanizacion-da-rua-rei-de-viana-que-supora-un
[3] whatsapp://send?text=A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da Rúa Rei de Viana, que suporá un investimento de 240.000 € http://copecarballino.es/novas/xunta-e-o-concello-de-leiro-colaboran-na-humanizacion-da-rua-rei-de-viana-que-supora-un
[4] http://copecarballino.es/print/69840