Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 6 grandes procesións, 8 bandas de música, 7 corais, 14 vocalistas e organistas, exposicións e conferencias, na Semana Santa do Carballiño 2026.

13, Marzo 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Esta Semana Santa do Carballiño do ano 2026, que conta por primeira vez coa Declaración de Interese Turístico de Galicia, caracterízase polo denso programa elaborado pola Cofradía da Vera Cruz en colaboración coa parroquia, o concello, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

No programa que se presentou no salón de plenos do concello destaca a celebración de dous actos litúrxicos en conmemoración do septenario da Virxe das Dores, así como a reposición da mostra “A Paixón segundo Playmobil 3.0”, que tanto éxito tivo hai uns anos e que nesta ocasión incorpora ademáis, como complemento, unha maqueta de grandes dimensións do Templo da Veracruz.

No acto de presentación, que foi conducido pola periodista e presentadora do Telexornal da TVG Raquel Domínguez Carrete e que contou coa asistencia do alcalde en funcións, José Castro, do cofrade maior, Rafael Melero, e do párroco Jorge Juan Pérez, entre outros concelleiros e cofrades, anunciouse que o pregón correrá a cargo do presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso.

Dúas conferencias, unha exposición, dous actos litúrxicos en conmemoración do septenario da Virxe das Dores, seis procesións e unha decena de actos litúrxicos que contarán co acompañamento de oito bandas, entre outras, a de Celanova, Vilatuxe e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, sete corais, dous organistas e doce saeteiros e saeteiras, entre elas, a saeiteira sevillana Rocío Silva, que acudirá exproceso á procesión do Venres Santo para interpretar varias saetas no interior e exterior do templo da Veracruz, conforman o intenso programa relixioso desta Semana Santa.

Raquel Domínguez subliñou a consolidación da Semana Santa carballiñesa como un referente da provincia e de Galicia e fixo mención ao arraigo espiritual e a tradición de xeracións da Semana Santa no Carballiño, que ten como símbolo patrimonial o magnífico templo da Veracruz. Asemade referiurse á significación especial que conleva a Declaración de Interese Turístico de Galicia, obtida hai uns meses. Ensalzou ademais o traballo artístico do cartel, que inserta por primera vez esta declaración de interese turístico.

Rafael Melero destacou a traxectoria da Semana Santa carballiñesa con máis dun século de historia e unha gran relevancia social no concello e arredores do Carballiño. Anunciou algunhas novidades no programa deste ano, como un trono propio para a procesión da Nosa Señora da Esperanza, adquirida o pasado ano, ou a elaboración dunha alfombra floral representando o rosetón do templo da Veracruz por integrantes da Asociación Alfombrista de Ponteareas, e incluso a presencia o Venres Santo na procesión da Virxe das Dores da saeteira sevillana Rocío Silva, que interpretará varias saetas no interior e exterior do templo da Veracruz durante a procesión dos Caladiños. Tamén puxo en valor a recente declaración da Semana Santa do Carballiño como de Interese Turístico de Galicia.

O párroco Jorge Juan Pérez amosouse orgulloso do programa deseñado pola Cofradía da Vera Cruz, a quen agradeceu o seu inmenso traballo e animou aos feligreses da parroquia carballiñesa e arredores a participar nos actos programados para esta Semana Santa.

Finalmente, o alcalde en funcións José Castro sumouse ao agradecemento á Cofradía da Vera Cruz polo traballo desenvolvido nestes anos que impulsaron a Semana Santa carballiñesa cun programa de dinamización cultural e de actos relixiosos que lograron converter esta celebración nun referente provincial e autonómico, impulsando o turismo local, reforzado nesta edición pola declaración tirística da Xunta de Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/6-grandes-procesions-8-bandas-de-musica-7-corais-14-vocalistas-e-organistas-exposicions-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/6-grandes-procesions-8-bandas-de-musica-7-corais-14-vocalistas-e-organistas-exposicions-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/6-grandes-procesions-8-bandas-de-musica-7-corais-14-vocalistas-e-organistas-exposicions-e [3] whatsapp://send?text=6 grandes procesións, 8 bandas de música, 7 corais, 14 vocalistas e organistas, exposicións e conferencias, na Semana Santa do Carballiño 2026. http://copecarballino.es/novas/6-grandes-procesions-8-bandas-de-musica-7-corais-14-vocalistas-e-organistas-exposicions-e [4] http://copecarballino.es/print/69844