Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "Con tristeza pero con firmeza deixo o BNG tras meses de ninguneo", asi anuncia a concelleira carballiñesa Sofía García que abandona a formación nacionalista.

18, Marzo 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A edila da corporación municipal fixo pública a súa baixa no BNG sen aclarar que renuncia a súa acta de concelleira no concello do Carballiño.

Faino remitindo aos medios o seguinte comunicado:

Por medio da presente, comunico publicamente a miña decisión de solicitar a baixa no
Bloque Nacionalista Galego, motivada por profundas e sostidas discrepancias políticas
co consello local do BNG do Carballiño, que nos últimos tempos derivaron nunha
situación de auténtico ostracismo cara á miña persoa.

Dende decembro de 2024, esta situación non fixo máis que empeorar de maneira
progresiva, caracterizándose por unha dinámica interna baseada na presión constante,
o ninguneo sistemático, a difamación e o desprezo, tanto no ámbito político como no
persoal. Unha deriva que resulta incompatible cos valores que se supón deben rexer
unha organización local que se define como transformadora, democrática e ao servizo
do pobo.

Ao longo deste tempo, desenvolvín un traballo constante, rigoroso e comprometido en
favor do proxecto político e da veciñanza do Carballiño. Participei activamente na vida orgánica e institucional, impulsando iniciativas, defendendo propostas e contribuíndo á construción colectiva dun Carballiño mellor dende a responsabilidade e a honestidade.

Sempre coa vontade de fortalecer a organización e de dar resposta ás necesidades
reais da cidadanía, mesmo en contextos internos complexos e pouco favorables.
Non podo nin debo continuar formando parte dun proxecto que, na práctica, actúa en
contradición cos principios que di defender. A política, debe estar sustentada na ética, no respecto, na pluralidade e na defensa da dignidade das persoas. Cando estes piares son vulnerados, a coherencia obriga a tomar decisión difíciles, mais necesarias.

Quero deixar constancia do meu esforzo sincero e continuado por reconducir esta
situación. Actuei sempre con lealdade á organización, apostando polo diálogo e pola
construción colectiva, incluso en contextos adversos. Non obstante, todos estes intentos foron sistemáticamente ignorados e desantendidos.

Agradezo profundamente o apoio e a solidaridade de todas aquelas persoas que
estiveron ao meu carón durante todo este tempo. O seu respaldo foi fundamental para
afrontar momentos especialmente duros.

Por último, reafirmo o meu compromiso firme e inquebrantable coa veciñanza do
Carballiño. A miña lealdade está e estará sempre coa cidadanía, coa defensa dos seus
dereitos e coa construción dun futuro máis xusto, igualitario e digno para todas e todos.

Asdo: Sofía García.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/con-tristeza-pero-con-firmeza-deixo-o-bng-tras-meses-de-ninguneo-asi-anuncia-concelleira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/con-tristeza-pero-con-firmeza-deixo-o-bng-tras-meses-de-ninguneo-asi-anuncia-concelleira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/con-tristeza-pero-con-firmeza-deixo-o-bng-tras-meses-de-ninguneo-asi-anuncia-concelleira [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/69859