Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A IXP Pan de Cea acadou no 2025 un valor estimado case 1,15 millóns de euros

27, Marzo 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou  na reunión do pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que o pasado ano certificou 411.133 pezas de pan, cun valor estimado de case 1,15 millóns de euros, e elaboradas nos 12 fornos que actualmente están operando.

A área de elaboración do pan amparado por esta IXP é o termo municipal de San Cristovo de Cea e a súa produción segue un modelo artesanal, vinculado á tradición. Así, o de Cea defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai procedente dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrais da zona. Por último, a masa cócese en fornos de pedra granítica de deseño característico do lugar que son previamente quentados con leña.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ixp-pan-de-cea-acadou-no-2025-un-valor-estimado-case-115-millons-de-euros

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ixp-pan-de-cea-acadou-no-2025-un-valor-estimado-case-115-millons-de-euros [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ixp-pan-de-cea-acadou-no-2025-un-valor-estimado-case-115-millons-de-euros [3] whatsapp://send?text=A IXP Pan de Cea acadou no 2025 un valor estimado case 1,15 millóns de euros http://copecarballino.es/novas/ixp-pan-de-cea-acadou-no-2025-un-valor-estimado-case-115-millons-de-euros [4] http://copecarballino.es/print/69895