Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concelleiros socialistas de Leiro denuncian a falta de transparencia e deslealdade institucional do goberno municipal do PP.

28, Marzo 2026 [1] [2] [3] [4]

Os concelleiros da corporación municipal de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez, denunciaron publicamente hoxe o que consideran un "novo episodio de escurantismo e deslealdade institucional" por parte do grupo de goberno local.

A denuncia prodúcese tras a visita institucional da Directora Xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, ao Monumento Natural de Pena Corneira para anunciar un investimento de 60.000 euros.

Os representantes da oposición subliñan que o Goberno Municipal non informou nin convidou aos demais grupos da corporación a dito acto, tratando un investimento financiado con fondos públicos e europeos (FEADER) como un "evento privado de partido". Un patrón de comportamento antidemocrático "Non é un erro puntual, é un sistema de traballo", explican González e Rodríguez.

Os edís cualifican de "intolerable" que se estea a xestionar un investimento de 60.000 euros sen información pública detallada. Compromiso coa transparencia Os concelleiros aseguran que non van permitir que se siga "ninguneando" a representación democrática de Leiro e esixen respecto institucional.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/os-concelleiros-socialistas-de-leiro-denuncian-falta-de-transparencia-e-deslealdade

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-concelleiros-socialistas-de-leiro-denuncian-falta-de-transparencia-e-deslealdade [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-concelleiros-socialistas-de-leiro-denuncian-falta-de-transparencia-e-deslealdade [3] whatsapp://send?text=Os concelleiros socialistas de Leiro denuncian a falta de transparencia e deslealdade institucional do goberno municipal do PP. http://copecarballino.es/denunciacidada/os-concelleiros-socialistas-de-leiro-denuncian-falta-de-transparencia-e-deslealdade [4] http://copecarballino.es/print/69905