Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As carballiñesas do Club Aehde consiguien un meritorio décimo posto no Campionato de España de Grupos Show de patinaxe artística.

30, Marzo 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Club Aehde O Carballiño continúa asinando unha tempada para enmarcar. Na súa primeira
participación no Campionato de España de grupos show de patinaxe artística, celebrado en Guadalajara e na modalidade de grupos pequenos (ata 12 membros), a entidade carballiñesa obtivo un meritorio décimo posto competindo os campions do mundo e as principais formacións da disciplina a nivel continental e universal.

O seu programa "Asasinato no Oriente Express" obtivo unha puntuación de 25,32 puntos,
quedando moi preto de entidades cheas de historia como o CPA Olot, que lle antecedeu nunha clasificación onde Cunit, Tona e Figueres leváronse o podio.

O Aehde carballiñes, ademáis, foi o terceiro equipo galego por detrás de Condado e Brión, as dúas entidades cas que compartiu podio no campionato Galego.

A próxima cita para o grupo de categoría Nacional do Club Aehde será o Trofeo Internacional de Alcoi, tamén coñecido como a Copa de España, o vindeiro 18 de abril.

Dende O Club Aehde agradecen "a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, que nos axudou a facer realidade a nosa presenza no Campionato de España".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/carballinesas-do-club-aehde-consiguien-un-meritorio-decimo-posto-no-campionato-de-espana-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/carballinesas-do-club-aehde-consiguien-un-meritorio-decimo-posto-no-campionato-de-espana-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/carballinesas-do-club-aehde-consiguien-un-meritorio-decimo-posto-no-campionato-de-espana-de [3] whatsapp://send?text=As carballiñesas do Club Aehde consiguien un meritorio décimo posto no Campionato de España de Grupos Show de patinaxe artística. http://copecarballino.es/novas/carballinesas-do-club-aehde-consiguien-un-meritorio-decimo-posto-no-campionato-de-espana-de [4] http://copecarballino.es/print/69913