Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos de Cea e Maside, interesados na participación democrática no rural a través do proxecto europeo ProVote

7, Abril 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O deputado de Dinamización do Medio Rural da Deputación de Ourense, Xosé Miguel Pérez Blecua, presentou hoxe o proxecto “Cartografía da Participación: da desconexión rural á acción democrática”, unha iniciativa europea, liderada por Partenalia e na que a institución provincial participa, orientada a fortalecer a implicación cidadá nos territorios rurais e reforzar o vínculo entre as institucións e a poboación.

Durante a presentación, á que asistiron alcaldes e concelleiros dos concellos de Bande, Paderne de Allariz, Maside, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, San Cristobo de Cea, Gomesende e Verea, destacouse a importancia de achegar a democracia ao territorio e promover espazos de participación adaptados á realidade rural.

O proxecto busca combater a desconexión institucional detectada no rural, promovendo ferramentas de participación cidadá, encontros locais e dinámicas colaborativas que permitan trasladar as demandas da poboación ás políticas públicas. A iniciativa inclúe accións de formación, dinamización e diálogo directo co territorio, apostando por modelos híbridos que combinen ferramentas dixitais con espazos presenciais de confianza.

Xosé Miguel Pérez Blecua destacou que “a democracia tamén se constrúe dende o rural, escoitando ás persoas e xerando espazos de participación real”, subliñando o compromiso da Deputación co equilibrio territorial e coa dinamización social dos concellos da provincia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-e-maside-interesados-na-participacion-democratica-no-rural-traves-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-e-maside-interesados-na-participacion-democratica-no-rural-traves-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-e-maside-interesados-na-participacion-democratica-no-rural-traves-do [3] whatsapp://send?text=Os concellos de Cea e Maside, interesados na participación democrática no rural a través do proxecto europeo ProVote http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-cea-e-maside-interesados-na-participacion-democratica-no-rural-traves-do [4] http://copecarballino.es/print/69953