Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño impulsa o turismo intelixente e a transformación dixital coa instalación de catro tótems interactivos

9, Abril 2026 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño avanza na execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do polbo” con actuacións centradas na dixitalización, a innovación e a mellora da experiencia turística.

Así, nas próximas semanas o goberno local implantará sinalización interactiva en diferentes puntos da vila. “Trátase dunha modernización necesaria para mellorar a experiencia dos nosos visitantes, que non deixan de crecer, tal e como acabamos de comprobar durante esta Semana Santa”, explica Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

O Concello colocará catro tótems interactivos nos que os turistas poderán consultar información en varios idiomas sobre patrimonio cultural, histórico e paisaxístico e mesmo gastronómico.

“Tamén terán á súa disposición a programación cultural actualizada para que poidan acudir aos eventos que teñamos na vila”, engade Dacal. A implantación deste sistema de sinalización turística intelixente supón un investimento total de 75.505,93 euros. Os dous tótems de maior tamaño instalaranse na Alameda e na Praza Maior, e os máis pequenos, na Casa Consistorial e no Museo do Papel.

Por outra banda, o Concello está a definir unha nova imaxe de destino turístico, o que permitirá actualizar a páxina web e producir contidos audiovisuais adaptados ás novas formas de consumo, co obxectivo de mellorar a visibilidade do municipio e atraer novos públicos. Ademais, estanse a incorporar ferramentas innovadoras como a gamificación e os contidos interactivos. “Estamos traballando arreo para integrar a dixitalización como eixo clave da nosa estratexia turística”, destaca Manuel Dacal.

As actuacións forman parte do investimento global de 1 millón de euros financiados pola Unión Europea-NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, coa participación do Ministerio de Industria e Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-o-turismo-intelixente-e-transformacion-dixital-coa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-o-turismo-intelixente-e-transformacion-dixital-coa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-o-turismo-intelixente-e-transformacion-dixital-coa [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño impulsa o turismo intelixente e a transformación dixital coa instalación de catro tótems interactivos http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-impulsa-o-turismo-intelixente-e-transformacion-dixital-coa [4] http://copecarballino.es/print/69975