Deportes

O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral. Os detalles da proba foron presentados esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e os concelleiros de Deportes e de Cultura, Luis Iglesias e Ramón Álvarez.
A carreira, que marcou un récord ao esgotar nun só día o número de dorsais, conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro, formando parte ademais do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estando baixo o control do Comité Galego de Xuíces. O formato empregado será o de contrarreloxo, con saídas escalonadas de cinco en cinco atletas cada vinte segundos para evitar aglomeracións e manter así as medidas de prevención fronte á covid-19.

O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
A zona cero estará na Praza da Veracruz, onde sairán os participantes ás 9:30 horas, para regresar aproximadamente dúas horas despóis, sobre as 11:30 da mañá do domingo. Entre os participantes, deportistas de primeiro nivel desta modalidade ciclista tanto do ámbito nacional como internacional.
Na media maratón correránse 40 km, e na maratón 65 km en total. Haberá avituallamento en ruta, e aperitivo ao finalizar a competición. Tamén se ofrece aos participantes servizo de duchas e lavado de bicis.

Os seis equipos galegos -Arenteiro, Coruxo, Arousa, Bergantiños, Compostela e Pontevedra- votaron a outra opción presentada pola RFEF, que sería cos equipos de Cantabria, pero por un voto de diferencia impúxose a opción que inclúe aos galegos cos equipos madrileños.
Desta maneira, os seis equipos galegos estarán no grupo 1 xunto aos cinco asturianos (Mariño de Luanco, Langreo, Ceares, Llanera e Real Avilés), tres equipos do suroeste de Castela e León (Salamanca, Palencia Cristo Atlético e Ximnástica Segoviana) e catro madrileños (Unión Adarve, Móstoles, Navalcarnero e Leganés B).
O calendario coñeceráse no transcurso do próximo mes de Xullo e a liga iniciará a primeira fin de semana do mes de Setembro. Haberá dous ascensos, un directo e outro en sistema play off entre o segundo e o quinto clasificado. Os descensos serán cinco máis os dous equipos con menor puntación deportiva dos cinco grupos, total 90 equipos, que integran esta nova Segunda Federación.

O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.
A Federación Galega de Patinaxe confiou ó Club de Patinaxe Aehde O Carballiño a organización da Copa Galega de show nas súas diferentes categorías: Primeira e segunda de grupos show, cuarteros e grupos show júnior. Será o venres 9 de xullo, o sábado 10 e o domingo 11, nas instalacións do Paco Chao de O Carballiño. Polas mañáns terán lugar os adestramentos oficiais e pola tarde sa competicións.
No evento participarán un total de 60 formacións cun preto dun milleiro de patinadoras e patinadores, entre eles o vixente subcampión do mundo o CPA Gondomar coa súa coreagrafía Saint Mary. Haberá participación das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense, neste caso cos organizadores do Club Aehde e o Ourela da cidade de Ourense. O evento, o máis grande en canto a participación e nivel que se levan celebrado na provincia no mundo da patinaxe, é todo un reto organizativo para o club carballiñés logo de organizar con éxito a Fase de Niveis finais do mes de maio.

As Escolas Deportivas de Maside eo a Fundación RCDeportivo organizan o 2º DEPORcampus, unha oferta formativa e lúdica arredor do fútbol, que terá a súa sede no campo de fútbol Outeiro Grande de Maside, do 28 de Xullo ao 2 de Xullo.
Trátase dunha proposta dirixida a nenos e nenas de 6 a 14 anos, e a inscripción xa esá aberta na páxina WEB deporcampus.rcdeportivo.es onde se encontrará toda a información relativa a este evento.
No acto de presentación os promotores desta actividade, entre eles o director de actividades formativas da Fundación RCDeportivo Pablo Barros e mailo alcalde de Maside e vicepresidene da ED Terras de Maside José Manuel Iglesias, fixeron un chamamento á participación tanto dos rapaces de Maside como doutras localidades.

Trala paréntese do 2020 debido á pandemia, o concello de Piñor volverá celebrar o seu Rallymix, proba oficial puntuable para a modalidade mixta da Federación Galega de Automobilismo, será os dias 26 e 27 deste mes de Xuño, sábado e domingo.
Máis prolongada, e bastante máis, foi a paréntese da que foi unha das probas clásicas do campionato galego de ralis, o carballiñés Rali do Lacón non se celebra dende o ano 2006, renace de novo neste 2021 agora por iniciativa da Escudería AGE Motorsports e o apoio da Federación Galega de Automobilismo. Será alá para o mes de agosto, os dias 20, 21 e 22, e programará varios tramos de velocidade nunha competición que volve figugar calendada no Campionato Galego de Ralis.

O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra. O evento será sen público pola normativa federativa pero poderase seguer por streaming na canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.
O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 o sábado e o domingo de 10 a 14 horas. En cada unha das franxas horarias participarán clubs diferentes por protoloco, sendo a quenda dos anfitrións o sábado pola tarde. Esta é a primeira vez que se organiza un evento oficial destas características na provincia de Ourense, un dato de especial relevancia para o club organizador para darlle visibilidade a un deporte que está en crecemento na provincia e que de paso pode servir de dinamizador económico para a vila do Carballiño.

Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O equipo dirixido por Fran Justo pulveriza todos os rexistros na historia do club carballiñés, consegue o campionato de terceira con 5 puntos de ventaxe sobre o Bergantiños, antes xa se proclamara campión no subgrupo do sur, faino ademáis conseguindo 62 puntos en 28 partidos, coa segunda puntuación máis alta entre os 18 grupos de terceira división, perdendo tan so dous partidos e sendo o equipo menos goleado da categoría. Por vez primeira nos 63 anos na historia do club é o equipo con mellor clasificación deportiva da provincia de Ourense. Na fase de ascenso gañou 5 dos 6 partidos.
No encontro que baixa o telón a unha tempada excelsa, derrotou ao subcampeón Bergantiños cun gol de Renan Zanelli ao transformar unha falta máxima cometida sobre Eimil, xa na segunda parte, suficiente para derrotar aos de Carballo. Os verdes volveron facer un gran partido en defensa, anulando todo o arsenal ofensivo do Bergantiños, que apenas dispuxo de ocasións durante os 90 minutos, ocasións -por partida doble- que si as tivo o Arenteiro xa na primeira parte.
Final a unha tempada para enmarcar, que os afeccionados do Arenteiro tardarán moitos anos en esquecer. O campión foi ovacionado pola parroquia verde ao final do partido en Espiñedo, e pola noite estaba previsto que todo o equipo fose agasallado cunha "pulpada" por parte da Asociación de Pulpeiros do Carballiño-Arcos.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.
Efectuará o saque de honra, José Luis Sobrino, xogador que foi tanto de CD Arenteiro como do Bergantiños FC na década dos 80. Ao acabar o partido, celebrarase no propio estadio ante a aficción o ascenso do noso equipo e será proclamado campión de liga o equipo que o consiga ese mesmo día.
Durante o sábado de 17:00h. h a 20:00 h. Así como o domingo dende as 15:30 habilítase un stand nas propias instalacións de espiñedo para despachar ao prezo de 5 euros camisetas conmemorativas do ascenso de categoría, ata fin de existencias.
Motivado pola situación sanitaria, non se fará celebración pública en ningún espazo que non sexa o propio estadio.
Os socios do club non teñen máis que achegarse á porta de Espiñedo e será suficiente que mostren o carné para entrar. Quen necesite entrada, deben de saber que se habilitarán os despachos de billetes o sábado pola tarde de 17h a 20 h. para despachar 100 entradas e o día do partido desde as 15:30 h. momento no que tamén se abrirán as portas para acceder ata completar aforo previsto autorizado.

Os verdes volveron estar a un gran nivel futbolístico e sobre a alfombra do Anxo Carro gañaron un partido cun marcador que pudo ser bastante máis amplo do 1-2 co que rematou o partido.
Fran Justo premiou a varios dos fubolistas menos habituais no once titular nun partido no que debutou en liga Angel Expósito defendendo a meta carballiñesa, e fixoo con moita solvencia cando tivo que participar, sobre todo no primeiro tramo do partido cando os lucenses tiveron varias acometidas. Pero todo cambiou a partir do minuto 22, cando Presas roubou un balón tras un fallo defensivo dos locais para adentrarse na área e marcar enviando o balón raso e axustado ao poste. A partir do gol o Arenteiro tivo unhos minutos primorosos, e asi foi como Naveira enviou un balón ao corazón da área que cun portentoso salto Sylla cabeceou ao longueiro da portería lucense e un atento Joni aproveitou para facer o 0-2. O Arenteiro estaba desatado e apenas unhos minutos despóis e tras outra gran xogada persoal de Sylla o seu centro remataouno Renan Zanelli outra vez ao longueiro, e outra vez Joni volve marcar, esta vez de cabeza, pero o árbitro anula o gol por suposto fora de xogo.
Na segunda parte, con menor ritmo, o Arenteiro aguntou sen pasar grandes apuros aínda que os lucenses recortaron no marcador nun saque de esquina, ata que cos cámbios o Arenteiro volveu a ser o gran animador do partido, sucendendose as ocasións nas botas de Eimil ou Alex Fernández, ou na cabeza de Presas, pero as boas intervencións do meta local Julen evitaron o terceiro gol carballiñés.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »