Deportes

O xoven adestrador madrileño, de 28 anos, chega procedente do Rayo Majadahonda, coa ambición de dar continuidade á exitosa etapa do Arenteiro na categoria de bronce do fútbol español.
Na seguinte ligazón podes acceder ao acto de presentación de Jesús Arribas no salón de prensa de Espiñedo, no que participou o presidente do club, Argimiro Marnotes.

O Club Deportivo Arenteiro presentou ao méxicano-brasileño, aínda que afincado en España desde fai 10 anos, Joan Lima Farías como novo director deportivo, tras a marcha de Álex Vázquez ao Racing de Ferrol.
Farías chega a O Carballiño, tras iniciar a súa carreira en España na estructura do Leganés, e tras o seu paso nos útlimos anos no Real Ávila, que con él na dirección deportiva pasou de loitar por non descender en Terceira RFEF, a gañar a liga, ascender a Segunda RFEF e desputar este ano a promoción de ascenso a Primeria RFEF.
A presentación de Farías no xornal La Región:
https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-camina_1_20250612-387706...
A cronica do acto de presentación en La Voz De Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/06/11/arenteiro-ficha...

O Nastic de Tarragona impúxose por 2-0, cun gol en cada parte ao Arenteiro no partido que baixou o telón á temporada 2024-25 na Primeira RFEF, nun estadio no que fai unhos anos víase fútbol de primeira división e nun partido presenciado no propio estadio por 9.125 persoas, unha entrada doutra categoria.
Os que non tiveron tanto sorte foron os afeccionados do Arenteiro, que se encontraron cun fallo na retransmisión televisiva da plataforma FEF.TV, que lles impedíu ver o partido en directo, pero estando moi atentos á radio e a internet, e tamén ao que acontecía nos outros catro partidos que podían facer perigar a salvación do Arenteiro, que no transcurso da tarde nunca estivo en perigo. Ao final Lugo, Unionistas e Sestao acabaron perdendo e Osasuna empatando, ningún alcanzou ao Arenteiro que consersou a posición 12 na táboa de clasificación final, con 48 puntos.
Crónica do partido en Diari de Tarragona:https://www.diaridetarragona.com/deportes/cronica-nastic-tarragona-arent...
Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.diaridetarragona.com/deportes/cronica-nastic-tarragona-arent...

Con 48 puntos no seu casilleiro e a falta dun partido para rematar a liga na Primeira RFEF o Arenteiro aínda non ten conseguida a permanencia materática, que sí conseguiría cun empate o próximo sábado no estadio dun Nastic de Tarragona xa clasificado para xogar a promoción de ascenso a Segunda División.
O Arenteiro sumou un empate ante a Real Sociedad B e tal como se deron os resultados resultou insuficiente, asi que todo queda pendiente para a derradeira xornada do campionato, na que outros seis equipos están implicados na loita pola salvación. Deles, Barsa B e Real Unión xa non poden alcanzar ao Arenteiro, pero sí poderían facelo no caso de que o Arenteiro perda en Tarragona e gañen os seus partidos Lugo, Unionistas, Sestao, e Osasuna Promesas. Xa están descendidos Amorebieta e Segoviana.
Neste partido que despedía tempada en Espiñedo, non se moveu o marcador durante unha primeira parte na que o Arenteiro foi de máis a menos. Xa no segundo periodo adiantáronse os vascos e Balselga estableceu o empate defintivo.
Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-no-remata-faena-1_1_2025...

Os verdes entraron moi mal no partido e Osasuna Promesas aproveitouno, de tal maneira que aos vinte minutos xa gañaba 2-0 a un Arenteiro descoñecido, mesmo escaso de intensidade, como na xogada do segundo gol, un córner que os locais cabecearon a placer sen oposición dentro da área.
O Arenteiro tan so se salva nos inicios da segunda parte, cando sairon mellor que os locais e pudo meterse no partido nun balón que Enol puxo a Pascu, pero o seu disparo foise moi alto. Foi un espellismo, os navarros sentenciaron nunha contra de manual e obrigan ao Arenteiro a seguir pelexando a permanencia, con catro puntos de marxe sobre o descenso a falta de dous partidos, Real Sociedad o Próximo sábado en Espiñedo (19:00 horas) e o derradeiro da tempada no Nou Estadi de Tarragona.
Cronica do partido en Noticias de Navarra:
https://www.noticiasdenavarra.com/tajonar/2025/05/11/osasuna-promesas-re...
VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=2DPHkJgv1c4

A tormenta que descargou unha gran cantidade de sarabia e auga antes e durante o partido deixou un terreo de xogo bastante asolagado, que impedía a práctica do fútbol a ambos equipos.
A importancia dos puntos en xogo mantiveron a tensión neste Arenteiro-Zamora cunha parte para para cada equipo, a primeira foi para o Arenteiro que foi de menos a máis, adiantouse cun gol de Jaume Cuellar e perdonou o segundo. A segunda parte xa foi máis do Zamora, que empatou, pero aínda asi o Arenteiro pudo levarse o partido nun remate coa testa de Yac Diori que merecía o gol, pero evitouno nunha gran intervención o gardameta visitante.
O Arenteiro tivo que xogar os minutos finais en inferioridade, xa que o colexiado asturiano García Riesgo expulsou a Jordan e segue aumentando a súa lenda, en catro partidos en Espiñedo leva seis cartóns vermellos, e catorce amarelos.
VideoResumen do Partido:
https://www.youtube.com/watch?v=MO6RH5p_ho4
Cronica do partido en La Región:
https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-punto-cerca-objetivo-1_1...

Tres puntos de ouro que alonxan fantasmas e dan un golpe de moral a un Arenteiro ao que resistíaselle o triunfo nos últimos meses, e pudo celebrálo ante a súa afección que, unha vez máis abarrotou Espiñedo, arredor das 2.000 persoas.
Os dous equipos sabían ben o que se xogaban, e proba delo foi o férreo control defensivo durante unha primeira parte na que practicamente non pasou nada. Pero á volta de vestiarios, en tan so 9 minutos, o Arenteiro deixou moi ben encarrilado o partido, minutos 46 e 54, con goles de Pascu e Ferreiro. No m. 81 un gol en propia meta de Borge levou o suspense ao graderío, pero o marcador xa non se movería, incluidos os 7 minutos de engadido decretados polo colexiado.
O Arenteiro repetirá o próximo sábado (18:00 horas) como local ante o Zamora, un partido no que os verdes no caso de gañar poden deixar practicamente asegurada a permanencia un ano máis na Primeira RFEF.
VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=ek5M1GaRCtA
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cdlugo/2025/04/27/arenteiro-sobrev...

Os verdes non estiveron solos na súa visita ao Reina Sofía de Salamanca, onde os animosos e numerososos afeccionados do Arenteiro deixaron a gorxa para facer oir entre os 4.000 espectadores que se deron cita no estadio charro na tarde-noite de venres santo.
Ao final, regresaron ao Carballiño cun punto e coa sensación que poideron ser os 3 se o Arenteiro aproveitase as súas varias ocasións de gol, as máis claras na primeira parte, cando os verdes foron moi superiores aos anfitrións. Na segunda parte igualouse a contienda e ata pudo marcar Unionistas nun balón ao pau cando o partido ía rematar.
VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=4H7puJNuARk
Cronica do partido na Tribuna de Salamanca:
https://www.tribunasalamanca.com/noticias/401237/unionistas-vive-un-vier...

Un moi inspirado Marqueta, o gardameta zaragozano do Ourense CF, foi coas súas grandes intervencións baixo paus o gran artífice do seu equipo para non sair derrotado de Espiñedo ante un Arenteiro que fixo méritos para máis que un empate.
E para redondear a súa actuación, Marqueta rexeitou o penalti lanzado por Baselga, negándolle o empate aos verdes que viron como nos primeiros compases do partido o Ourense adiantabase cun dos seus contados disparos a porteria durante toda a tarde.
O Arenteiro fixo méritos para levarse maís que un punto neste partido, máis aínda na segunda parte na logrou o empate e tivo unha gran ocasíón nos minutos finais cando Marqueta volveu salvar aos seus desviando un testarazo de Baselga cando xa se cantaba o gol por parte da afección local.
Espìñedo rexistrou outra gran entrada, con máis de 2.200 espectadores, unhos 300 seguidores do equipo capitalino.
Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=WrHapO6eVIQ
Cronica do partido en La Voz de Galicia:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/04/14/arenteiro-ouren...

Unha mágoa, porque o Arenteiro aguantou ben e sen pasar por moitos apuros ata cando faltaban apenas dous minutos para que se cumplira o tempo regulamentado, pero cometeu unha falta na preto da frontal da área e foi como a balón parado chegou a derrota dos verdes.
Atrás ía quedando un partido no que o Arenteiro plantou cara no Reino de León ao líder destacado da categoria e mesmo cunha gran ocasion de gol que salvou un defensor local baixo paus, e cando a ansiedade xa se apoderara dos máis de 8.000 afeccionados leoneses que acudiran ao estadio, chegou o mazazo para o equipo de Raúl Jardiel.
Non tivo premio o esforzo e bo traballo do equipo no Reino de León, pero sí que soubo recoñecerllo o cento de seguidores do Arenteiro que se desplazaron á capital leonesa, cunha prolongada ovación de aplausos.
Cronica do partido en Leonoticias:
https://www.leonoticias.com/deportes/cultural/cultural-resurge-ultima-ho...