Deportes

7, Outubro 2023

Visita histórica do Arenteiro a Teruel, cidade que visitaba por vez primeira para medirse en partido de liga de Primeira RFEF ao equipo turolense, logrando un punto nun partido no que non houbo goles pero sí moitas ocasións que fixeron lucir a ambos gardametas.

Na primeira parte o Arenteiro foi superior e tan so as meritorias intervencións do gardameta local evitaron que o Arenteiro, que tivo ata catro boas ocasións, non se fora con vantaxe ao descanso. Na segunda metade saíu mellor o Teruel, aínda que en realidade as súas ocasións non chegaron ata os últimos minutos do partido, cando Diego García, con dúas intervencións e Vitra con outra, asinaron o empate final.

Antes de dar inicio ao partido, e a petición do Arenteiro, gardouse un minuto de silencio na memoria de José Vicente, o xoven fútbolista do Arenteiro Promesas, que o pasado domingo perdeu a vida accidentalmente nas pozas de Melón.

O minuto a minuto do partido en:
https://ecodeteruel.tv/en-juego-desde-las-19-horas-el-cd-teruel-empata-0...

Video resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-saca-un-punto-da-sua-visita-a-teruel-0-0-

1, Outubro 2023

Partido gris do Arenteiro ante a SD Tarazona, e equilibrado no terreo de xogo entre ambos equipos, pero foron os visitantes os que conseguiron adiantarse no marcador a 10 minutos para o final cun gol de penalti, xa no desconto Manín fixo un golazo para salvar un punto.

Os aragoneses confirmaron que son un equipo moi físico, ao que é dificil xogarlle, se a esto engadimos que o Arenteiro non tivo a súa mellor tarde e que o empate foi xa no desconto o resultado pode darse por xusto polos méritos de unhos e outros, dous equipos que traballarán cun mesmo obxetivo: a permanencia.

Os minutos de desonto foron de tolemia, e pudo gañar calquera dos dous. No Arenteiro debutou xogando unhos minutos a última incoporación, a do exfutbolista do Valencia CF Vicente Esquerdo, chegado esta semana para cubrir a baixa de longa duración por lesión de Curro.

Aquí tes o gol do empate de Manín: https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/333845919130376

24, Setembro 2023

Desde logo non poderán queixarse os preto de 3.000 afeccionados que se deron cita no estadio Abanca Balaídos para ver un Celta Fortuna-Arenteiro que non defraudou, con sete goles e deles 6 en apenas 20 minutos, os primeiros da segunda parte e un emocionante final no que o Arenteiro acariñou o empate.

A afección do Arenteiro, desprazada en gran número ata Vigo, volveu mostrar o seu enfado pola arbitraxe, que volveu protagonizar polémicas decisións, como un claro penalti sobre Miku non pitado na primeira parte co 1-0 no marcador.

Video resumen do partido na Televisión de Galciia:

https://www.g24.gal/-/o-celta-fortuna-sae-ganando-nun-derbi-de-tolos-en-...

Crónica do partido en El Desmarque:

https://www.eldesmarque.com/futbol/celta-de-vigo/20230924/el-celta-fortu...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/2023/09/25/celta-b-sobrev...

16, Setembro 2023

Os verdes, que nunca baixaron os brazos, acabaron cedendo por 2-3 nun partido absolutamente condicionado pola lastimosa arbitraxe protagonizada polo colexiado asturiano Francisco García Riesgo, que protagonizou decisións inexplicables provocando cos seus erros que o Arenteiro quedase con 9 xogadores no campo gran parte do partido ante a indignación da afección local.

O árbitro asturiano era a segunda vez que visitaba Espiñedo e, curiosamente igual quen xa fixo tamén con decisións moi extrañas fai dous anos nun Arenteiro-Pontevedra, daquela en Segunda RFE, volveu a deixar aos verdes en inferioridade. Desta vez, as tarxetas amarelas que provocaron a expusión de  Tiago son de traca, xiquera son falta, ademáis a primeira delas da lugar ao segundo gol do Real Unión. Nos primeiros compases da segunda parte o Arenteiro, que por dúas veces empatou o partido quedouse sen Tiago e a última media hora tamén sen Germán.

Equivocar pode equivocarse calquera, tamén os árbitros, pero o que é dificil de xustificar é a total falta de criterio á hora de xulgar a un equipo e ao outro, por qué ensinar cartón amarelo e expulsión nunha xogada no medio do campo que non ten ningunha trascendencia e non ensinas tarxeta ao outro equipo cando comete falta ao borde da súa área. Mellor que árbitros asi non volvan por Espiñedo porque son perxudiciais para o fútbol, estropean o que pudo ser un gran espectáculo futbolístico.

Polo demáis, ao marxe da desvengonza arbitral, o partido entre Arenteiro e Real Unión deixounas auténticos golazos,  podemos decir que os cinco, pero se con algún temos que quedarno é co gol estilo Maradona de Luis Chacón, o fútbolista do Arenteiro colleu o balón en campo propio, correo 70 metros en 9 segundos e marcou un gol para enmarcar.

Video resumen do partido en g24.gal: https://www.g24.gal/-/fran-justo-leva-o-triunfo-do-carballino-2-3-diante...

10, Setembro 2023

No segundo desplazamento e terceiro partido de liga na Primeira Federación logrou sumar o Arenteiro o primeiro punto a domicilio, nas instalacións de Tajonar, a cidade deportiva do Osasuna, onde os verdes mesmo tiveron as mellores ocasións de gol do partido, mesmo facéndo méritos para traerse os 3 puntos para O Carballiño.

Ata en catro ocasións o gardameta pamplonica P. Valencia evitou o gol do Arenteiro con grandes intervenciós, mentres que Diego García so tivo que empregarse a fondo nunha única ocasión, xa no tramo final do partido. Bo partido dos verdes, aos que tan so faltou o gol.  A nota negativa do partido foi a lesión de Curro, á espera do parte médico que determine o seu alcance.

Valoración do partido feita polo adestrador de CD Arenteiro, Javi Rei: 

https://www.facebook.com/cdarenteiro/videos/6872148549507928

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/09/10/punto-pudo/0003...

Crónica do partido na WEB Osasuna 1920: https://osasuna1920.com/2023/09/osasuna-promesas-0-0-arenteiro-los-rojil...

3, Setembro 2023

O debut soñado nos mellor soño posible nun Espiñedo que xa é de Primeira RFEF, o Arenteiro con goles memorables ante unha afección entregada derrotou ao máximo representante da Rioxa no fútbol español, o Logroñés foise do Carballiño cun incontestable 3-0.

A victoria verde fraguose no primeiro tramo do paartido con dous golazos de Pibe, o segundo deles para enmarcar, probablemente un dos mellores goles na historia de Espiñedo. Xa no solpor do partido Manín redondeou o resultado co terceiro gol da noite.

Video resumen do partido en g24.gal: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-acada-a-primeira-vitoria-da-sua-histor...

26, Agosto 2023

Os verdes foron indo de menos a máis no seu debut na Primeira RFEF, encaixou o único gol do partido aos cinco minutos, pero foi medrando despois ante un Nastic de Tarragona que perdonou o segundo e acabou sufrindo e pedindo a hora, esto non fixo máis que comezar e ao Arenteiro quédalle por diante a tempada máis ilusionante da súa historia, tamén a máis esixente.

 Crónica do partido no "Diari de Tarragona"

https://www.diaridetarragona.com/deportes/despegue-exitoso-nastic-1-0-ar...

Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia:

https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-debuta-con-derrota-na-primeira-federacion

22, Agosto 2023

A empresa que resultou adxudicataria do concurso para emitir esta tempada a Primeira RFEF (ATM Broadcast) ven de anunciar os seus plans para emitir a competición, na que debuta o Arenteiro este sábado dia 26 de agosto no estadio do Nastic de Tarragona.

Os 38 partidos da categoría da Primeira RFEF na que militará o Club Deportivo Arenteiro poderán seguirse a través dunha plataforma de nova creación (www.feftv.com) que estará en funcionamento a partir do mércores dia 23 de agosto.

A operadora ofrece dous plans de subscrición: un de carácter mensual por 12.99 euros e outro de 99 euros de prezo pola tempada ao completo que inclúe todos os encontros da competición e o play off de ascenso a Segunda División. A adxudicataria dos dereitos informou ademáis que os partidos serán emitidos a través da plataforma en calidade de alta definición (HD) e que nas próximas semanas iranse comunicando as diferentes opcións de utilización a través de dispositivos móbiles e Smart TV.

A maiores, continúan as negociacíóns entre a Televisión de Galicia e outras canles autonómicas para ofrecer en aberto os partidos da categoria, polo que sería outra opción para os afeccionados do Arenteiro, que poderían ver os partidos tamén en directo tanto a través da TDT como da internet nestas televións autonómicas.

Ademáis, nas condicións da adxudicación dos dereitos televisivos por parte da Real Federación Española de Fútbol, tamen figura que o 20% dos partidos de cada xornada serían ofrecidos en aberto por parte dunha televisión, algo que de momento aínda non se aclarou.

19, Xullo 2023

O Arenteiro viaxará a Tarragona para xogar o seu primeiro partido de liga nun estadio que fai apenas 15 anos foi de primeira división, o Nou Estadi, onde os verdes debutarán na histórica tempada na Primeira RFEF para enfrontarse ao Nastic de Tarragona o sábado dia 26 de agosto ás 21:30 horas.

Na segunda xornada, o domingo dia 3 de setembro ás 12 do mediodia, o primeiro visitante en Espiñedo será a SD Logroñés, e na terceira xornada o Arenteiro viaxará ata Pamplona para xogar co Osasuna Promesas.

Na cuarta xornada, en plenas festas do Setembro no Carballiño, o Arenteiro recibirá ao Real Unión de Irún, mentres no primeiro derbi galego o Arenteiro desplazaráse ao estadio de Balaidos o 24 d setembro para medirse co Celta B. Entre outros partidos que se agardarán con máxima expectación estarán o do Deportivo da Coruña, que pasará por Espiñedo do 17 de decembro, e devolverálle o Arenteiro visita a Riazor o 28 de abril de 2024, xa na recta final do campionato.

Descarga aquí o calendario completo:

15, Xullo 2023

O balón comezou a rodar no primeiro adestramento dirixido por Javi Rei e os seus auxiliares no campo da Regueiriña de Barbantes, tras pasar nos últimos dias os preceptivos recoñecementos médicos, un total de 16 fútbolistas, incluidos os recén chegados, prepáranse xa para o desafio da histórica tempada do debút do Arenteiro na Primeira RFEF.

A falta aínda de completar a plantilla, xa están integrados no grupo os recén chegados: no corpo técnico o adestrador de porteiros Diego Rivas, e os futbolístas Thiago, Javi Moreno, Juan Delgado e o gardameta sub-23 Manu Figueroa. Xunto a eles todos os futbolistas da anterior tempada que renovaron a súa continuidade no Arenteiro: Diego García, Jordan, Vitra, Pol Bueso, Germán, Alex Fernández, Curro, Adrián Cruz, Pibe, Manín, Romay e Marquitos.

O primeiro partido de preparación será o sábado 29 de xullo en Ribadeo, tendo como rival á SD Ponferradina, recén descendido da Liga de Fútbol Profesional, e que este ano será rival do Arenteiro na Primeira RFEF. Ambos equipos desputaránse o "Trofeo do Camiño Xacobeo", os bercianos representarán ao camiño francés e o Arenteiro acude a Ribadeo como representante do camiño mozárabe, o coñecido tamén como a Ruta da Prata, que percorre pola nosa comarca a través dos concellos de Cea e Piñor.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes