Deportes

Triunfo histórico do Arenteiro no Vero Boquete de San Lazaro por 1-3, que levou o éxtasis aos milleiros de afeccionados do equipo verde, tanto entre os desprazados ata Santiago como os que seguiron o partido a través da retransmisión da Televisión de Galicia.
O Arenteiro foi moi superior ao Compostela, e eso que os anfitrións adiantáronse aos 4 minutos aproveitando un lio entre a defensa verde. Foi o único erro do Arenteiro en todo o partido e dahí naceu o único gol local no partido, porque moi pronto o Arenteiro comezou a carburar e tras un xogadón de Jordan chegou o empate cunha gran definición de Escobar.
A partir do empate o Arenteiro seguíu controlando o partido como quixo ante un Compostela que era incapaz de xerar unha soa xogada de perigo ante Diego García, tan so xa co 1-2 no marcador foi quen o Compos de levar un "uuyy" ao graderío. Pola contra, o Arenteiro cada vez que se aproximaba á area local faciao con sensación de perigo, desplegando o seu futbol-control e por momentos con destellos de gran calidade, como nos dous goles que marcaron a sentencia definitiva, o segundo tras unha xogada de fútbol de salón na área do Compostela que culminou de novo o bigoleador Escobar, e o terceiro cunha gran gran galopada de Joseca, marca habitual da casa, que lle diu o balón a Germán Nóvoa para que éste marcase a placer. E o delirio na afección do Arenteiro, sabedora de que o mellor aínda está por chegar, xa falta menos.
Video resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-en-santiago-e-queda-as-portas-do-...

A demanda de entradas da afección do Arenteiro para o partido deste domingo dia 2 de abril en Santiago de Compostela rebasou todas as expectativas e finalmente serán máis de 1500 afeccionados e afeccionadas verdes nas gradas do Vero Boquete de San Lázaro, un desprazamento masivo que fai historia na historia do club carballiñés.
A maioria fará o desprazamento por medios propios, e outros moitos farano en autocares das empresas Montañesa e Rodríguez, que sairán dende a estación de autobuses do Carballiño en dous horarios, ás 11 horas e 13:45 horas, respectivamente. Serán máis de 1.500 persoas as que se desprazarán dende O Carballiño e comarca este domingo ata Santiago.
Na zona de aparcamento do estadio santiagués o club local organizou unha "Fan Zone" que comezará ás 13 horas, e na que haberá pulpeiro, xogos infantís, DJ e a actuación estelar da orquestra Cinema, que ofrecerá dous pases, o primeiro ás 14:30 horas e o segundo ás 19 horas.
O partido, a partir das 16:45 horas, será retransmitido pola G2, a segunda canle da Televisión de Galicia. No plano deportivo, o Arenteiro chega a este partido como líder destacado da Segunda Federación, cunha vantaxe de 14 puntos sobre o Compostela, que é terceiro e ocupa posto de promoción de ascenso. Dase a circustancia que os santiagueses foron os únicos capaces de gañar ao Arenteiro no que vai de liga, e cando xa so faltan 7 partidos, 21 puntos en xogo, para completar a competición.

O Arenteiro volveu a dar outro gran paso adiante para volver facer historia, ou o que é o mesmo, proclamarse campión da Segunda RFEF e ascender directamente á categoria superior, e fixoo tras derrotar ao Club Marino de Luanco ante preto de 2000 persoas no estadio de Espiñedo.
Non foi un partido vistoso, pero cunha historia que se repite esta tempada unha e outra vez, o Arenteiro somete e aburre ao rival de turno, marca un gol -desta vez Alex Fernández- controla o partido con tal solvencia que non precisa de máis, e que pase o seguinte, que será o Compostela o próximo domingo no Vero Boquete de San Lázaro, un Compostela que nos útimos partidos foi incapaz de seguir o rítmo dun Arenteiro que chega a ese partido, que ata fai pouco presumíáse como transcendental, cunha vantaxe de 14 puntos. Quen o diría.
Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-conta-as-xornadas-para-certificar-o-as...
Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/03/27/arenteiro-derri...

Arenteiro e Raio Cantabria empataron a dous goles no encontro xogado na matinal dominical santanderina, nun gran partido de fútbol no que os animosos 40 afeccionados dos verdes que fixeron 1.132 kilómetros para ver ao seu equipo, que estivo a unha gran altura, pero que as enormes intervencións do meta local impedíulle regresar a O Carballiño cun triunfo, tendose que conformar co empate.
A primeira parte foi a das ocasións perdidas para o Arenteiro, sobre todo en dúas cabezas de Escobar, que se foron fora por pouco. Os locais apenas inquietaron a meta de Diego e co empate inicial ambos equipos foronse a vestiarios.
A segunda parte foi a dos "paradóns" do porteiro local Pablo Diéz, que fixo o seu partido do ano con incríbles paradas, algunha de enorme dificultade, mentres que os cántabras facían gol no primeiro tiro entre os 3 paus. O Arenteiro seguíu apretando e Alex Fdez empatou de penalti, e cando parecía que sí ou sí tería que chegar o segundo gol dos verdes foron de novo os locais os que volveron adiantarse no marcador. Xa no tempo de desconto Escobar marcou un gol que mantén a imbatilidade a domicilio do líder Arenteiro, que cos resultados desta xornada mantén a súa vantaxe de 12 puntos sobre os seus perseguidores, Compostela e Avilés.
Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-suma-un-traballado-empate-en-burgos-2-2-
Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/03/20/arenteiro-empat...

Espiñedo case volve quedarse pequeno, con preto de 2.000 persoas para presenciar un triunfo máis do Arenteiro, desta vez a vítima foi un Laredo que acumulaba cinco partido sen encaixar un gol, ata que o conseguíu Pibe, suficiente para derrotar ao equipo cántabro e reforzarse no liderado da Segunda Federación.
O Compostela, segundo clasificado, pinchou en Coruxo e o Arenteiro xa o avantaxa en 12 puntos a falta de 9 partidos para concluir a competición, a afección empeza a creer que o mellor está por chegar e este Arenteiro pode facer algo moi grande, soñado por moi poucos.
Vídeo resumen do partido da TVG: https://www.g24.gal/-/pibe-decide-e-o-arenteiro-acarina-o-ascenso-a-prim...
Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-vence-laredo-es...
Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/03/13/arenteiro-derri...

O Arenteiro continúa con paso firme dominando con autoridade o grupo 1º de Segunda Federación, desta vez, nos Anexos do José Rozilla, os verdes impartiron unha lección maxistral de fútbol, superando ao talentoso Valladolid Promesas, que tanto so inquietou no primeiro cuarto de partido ata que o Arenteiro impuxo a súa lei.
Apoiado por medio cento de afeccionados desprazados á capital vallisoleta, o Arenteiro demostrou o por qué é o lider da categoria, e fixoo desta vez ante o terceiro clasificado da liga, ao que agora xa aventaxa en 12 puntos.
Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/paso-de-xigante-do-arenteiro-para-acadar-o-ascenso...
Cronica do partido en "El desmarque.com"https://www.eldesmarque.com/valladolid/real-valladolid/cronicas/111733-c...

Un gol de falta maxistralmente executada por Pibe no minuto 84 resolveu o partido a favor do Arenteiro ante un bo Palencia, un equipo moi ordenado e solidario que vendeu cara a súa derrota, demostraron os palentinos o por qué son -despòis do Arenteiro- o equipo menos goleado de toda a Segunda Federación.
A primeira parte estivo bastante equilibrada, aínda que as únicas aproximacións con perigo sobre a portería rival foron as do Arenteiro. Mentres, na reanudación o Arenteiro deu un paso adiante en busca dos 3 puntos e súas foron varias ocasións, pero o gol resistíase ata que Pibe desfixo a igualada.
Con este triunfo, o Arenteiro afiánzase unha xornada máis como líder do grupo, e a falta de xogarse todos os partidos do domingo, dorme cunha vantaxe de 10 puntos na clasificación sobre os seus perseguidores, Compostela e Valladolid Promesas, éste último será o proximo rival dos verdes dende as 16:30 horas do próximo domingo 5 de marzo na cidade vallisoletana.
Video-resumen do partido na G2: https://www.g24.gal/-/pibe-marca-sobre-a-hora-e-o-arenteiro-segue-a-so%C...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/26/arenteiro-tumba...

O Arenteiro adiantouse o principio da segunda parte cun golazo de Pibe, que enganchou un zurdazo que sacou as tearañas da escadra da portería local, e mantivo a vantaxe no marcador ata preto do final, ata o minuto 84, cando o Avilés estableceu o empate, que sería xa o resultado final.
Desta maneira, o Arenteiro solventa con nota alta a súa doble saída a Asturias, cun saldo final de 4 puntos, tras gañar en Oviedo e agora empatar no Suárez Puerta de Avilés,no que se citaron máis de 2.000 persoas para ver ao lider da categoria.
Video do partido na G2.gal: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-saca-un-empate-de-avil%C3%A9s-1-1-e-ma...
Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/20/arenteiro-empat...

O Oviedo Vetusta era ata hoxe o equipo máis en forma desta segunda volta na Segunda Federación, pero o Arenteiro exerceu de líder na Cidade Deportiva do Requexón, e ao final pudo celebrar un gran triunfo co máis de medio centenar de afeccionados desprazados dende O Carballiño, que non pararon de animar aos verdes durante todo o partido. Co 0-0 no marcador e aínda na primeira metade, Diego García detivo un penalti.
Un golazo de Antón Escobar ao inicio da segunda parte tras unha gran asistencia de Manín tradúcese nun +3 que reforza ao Arenteiro como líder da categoria, mantendo 7 puntos de vantaxe co Compostela, que tamén gañou en Langreo. Agora, a pensar xa noutro partido o próximo domingo, no que os verdes volverán a desprazarse a Asturias por segunda xornada consecutiva, neste caso para enfrontarse ao potente Real Avilés.
Cronica do partido en "La Voz de Asturias": https://www.lavozdeasturias.es/noticia/azulcarbayon/2023/02/11/cronica-v...

O equipo cántabro chegou a Espiñedo cunha idea clara, montar unha tea de araña defensiva e deixar que pasen os minutos, e saílle ben porque ao Arenteiro, aínda que tivo algunhas ocasións de facer gol, non foi capaz de darlle a rapidez ao xogo doutros partidos e tivo que conformarse cun punto.
Agora, ao Arenteiro -que sigue líder con 7 puntos de ventaxa sobre Compostela e Valladolid Promesas- agárdalle un dobre desprazamento a Asturias, para visitar ao Oviedo Vestusta primeiro e Real Avilés despóis, antes de recibir en Espiñedo ao Palencia, para completar este esixente mes de febreiro.
Video do partido na G2:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-non-pode-superar-a-ximnastica-de-torre...
Crónica do partido en "la Voz de Galicia":
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/02/06/iniciativa-aren...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »