Deportes

O equipo de León, un dos cocos da categoria e que leva en postos de promoción de ascenso desde as primeiras xornadas, foi superado de principio a fin por un Arenteiro que maravillou á súa parroquia en Espiñedo, un equipo que entende o xogo do fútbol a través do balón e que a estas alturas do campionato é a gran revelación da 1ª RFEF.
Desde o minuto un, o Arenteiro saíu con decisión e criterio ao partido, comezou unha e outra vez a crear superioridades por banda e comezaron a chegar as claras oportunidades de gol ante a portería leonesa, cunha defensa que non sabía como achicar augas nesta vendaval de fútbol do Arenteiro que aínda asi foise ao descanso sen poder marcar, inexplicable.
Parecía dificil que os verdes poidesen manter o ritmo na segunda parte, pero os que asi pensaban no descanso equivocáronse. O Arenteiro seguíu xerando fútbol e ocasións, mentres que os leoneses apenas foron capaces de crear unha ocasión de gol en todo o partido. E por fin, o fútbol foi xusto co Arenteiro, cando o debutante Cristian Santos aproveitou un córner para conectar un expléndido cabezazo que se colou no fondo da portería visitante.
Vídeo resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=fYcNyuz-8jI&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
A cronica do partido na prensa de León:
https://www.leonoticias.com/deportes/cultural/pesadilla-cultural-arentei...

Un gol dos vascos no minuto 25 de partido que nunca debeu subir ao marcador porque foi precedido dunha xogada en fora de xogo derrotou no mítico campo de "Las Llanas" a un Arenteiro que a pesar de presetarse con numerosas baixas fixo méritos para traerse algo positivo, pero desta vez non pudo ser.
No Arenteiro debutou en liga o gardameta Pablo Brea, e cunha defensa de circustancias pola lesión a útlima hora cando na previa do partido estaba quentando Pol Bueso, e con Vicente Esquerdo de improvisado central. Cardero na primeira parte cun remate que se foi lamendo o poste da portería local e Chacón na segunda metade cun balón que rexeitou o traveseiro, a punto estiveron de cambiar a sorte neste partido. E mesmo no último suspiro do partido, Germán tivo a máis clara para alomenos traer o empate.
Resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-non-suma-puntos-na-sua-visita-a-sestao...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/05/falta-punteria-...

A primeira visita da historia do Teruel a O Carballiño sáldase con reparto de puntos nun partido no que o Arenteiro non estivo tan fino nin o nivel co que cos ten acostumados, sobre todo na segunda parte, cando os aragoneses empataron á saida dun córner o gol co que Pibe adiantara ao Arenteiro de libre directo na primeira parte.
Con este resultado, e sexan cales sexan o resto de resultados desta xornada 21 do campionato de liga na Primeira RFEF, o Arenteiro seguirá oitavo na táboa clasificatoria e cun colchón de 9 puntos de vantaxe sobre o descenso. O próximo domingo o Arenteiro xogará ás 20:00 horas co Sestao no seu estadio de "Las Llanas", e despóis xogará dous partidos seguidos en Espiñedo ante Cultural Leonesa e Osasuna Promesas.
Vídeo resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=wyqAFTMrZh4&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/28/arenteiro-espes...

O Arenteiro adiantouse na primeira parte cun gol de penalti transformado por Pibe econseguíu ampliar o marcador co 0-2 xa na segunda metade cun golazo de Manín, o gol dos irundarras chegou no minuto 85 de partido, pero os verdes souberon defender a vantaxe ata que o árbitro pitou o final e tras unha prolongación cun desconto que parecía facerse interminable.
Con este triunfo en terras vascas o Arenteiro é sexto na clasificación provisional da 20ª xornada da Primeira RFEF e a dous puntos dos postos de promoción de ascenso, enorme mérito deste Arenteiro e máis aínda nunha semana na que non cesaron os intentos de desestabización nos que algunhos parecen estar empecinados.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=2chiWmFRUjg
Resumen e estadístas do partido:
https://www.resultados-futbol.com/partido/Real-Union-Club-Irun/Arenteiro

Dous grandes goles para un gran espectáculo de fútbol, o que ofreceron Arenteiro e Barça Atletic, na que foi a histórica primeira visita dos culés a Espiñedo, onde se encontraron a un inmenso Arenteiro que venceu con todo merecemento e dorme oitavo na clasificación provisional da 19 xornada da Primeira RFEF.
O xoven filial do Barsa deixou unha boa imaxe no estadio carballiñés, con futbolistas de enorme calidade, que para nada baixaron o ritmo en ningún momento e puxeronlle certamente dificil a un Arenteiro que aproveitou dúas das súas ocasións, unha en cada parte, para sentenciar o partido.
Aquí tes os golazos de Chacón e Cardero:
https://www.youtube.com/watch?v=uqQ4G33MpzU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/14/arenteiro-percu...
Retransmisión do partido no "Mundo Deportivo"
https://www.mundodeportivo.com/futbol/fc-barcelona/20240113/1002169167/a...

Primeiro partido do ano en Espiñedo na Primeira RFEF, que se corresponde coa xornada 19 do campionato e xa a última da primeira volta e na que o Arenteiro recibirá a un rival de "campanillas", o segundo equipo dun xigante do fútbol mundial como é o FC Barcelona, o filial culé ao que adestra o mítico futbolista mexicano Rafa Márquez.
O partido iniciaráse ás 6 da tarde deste sábado 13 de xaneiro e o estadio carballiñés rexistrará outra gran entrada para ver a este filial do Barça, ante o que o Arenteiro intentará regresar volver á senda dos triunfos, empresa dificil porque o equipo culé reúne no seu plantel a moitas das perlas que na actualidade forman parte do programa da Masía, forxa de grandes futbolistas de talla mundial.
O partido será televisado en aberto en directo polas canles autonómicas de Galicia e Catalunya (G2 e Tv3) asi como pola plataforma FEF. TV.
No seguinte enlace descubrirás que é A Masía: https://fansided.com/es/posts/que-es-la-masia-fc-barcelona-como-funciona

Unha magoa, pero asi é o fútbol, e asi de cruel foi co Arenteiro que perdeu o partido no último minuto na súa visita ao estadio do Toralín de Ponferrada, que rexistrou unha gran entrada con máis de seis mil espectadores nas gradas, e cunha numerosa representación da afeeción verde que se desprazou ata o Bierzo, aínda en dia laborable.
O Arenteiro, que fixo un bo partido, adiantouse no marcador e co 0-1 mesmo tivo ocasións para sentenciar, pero a Ponferradina foi quen de voltear o marcador, primeiro empatando no minuto 86 e despóis logrando o gol do triunfo no minuto 95.
Video co resumen do partido:https://www.youtube.com/watch?v=jRd7eWilDEU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido en El Bierzo Digital: https://www.elbierzodigital.com/ponferradina-arenteiro-cronica-2324/543865

A RFEF ven de oficializar os horarios para a segunda volta na Primeira Federación, que abrirá o Arenteiro ante o Real Unión en Irún o domingo 21 ás 12 do mediodia, antes os verdes deberán completar a primeira volta co desprazamento a Ponferrada ás 19:00 h. o mércores dia 3 de xaneiro e recibindo ao Barsa Atletic o sábado dia 13 ás 17:00 horas en Espiñedo.
Tan so quedan pendientes os horarios para as dúas últimas xornadas do campionato, que deberán ter horario unificado aínda por determinar.
No arquivo adxunto tes os horarios do Arenteiro para a segunda volta do campionato:

O Arenteiro foi mellor que o Deportivo na primeira parte e por eso chegou ao descanso por diante no partido grazas ao gol de Miku no minuto 32, pero na segunda parte o equipo quedouse coas forzas moi xustas, e o Deportivo aproveitouse delo para darlle a volta ao marcador.
Entrada de gala en Espiñedo, con aforo completo, máis de 2000 persoas, entre eles 200 seguidores do Depor que ao final do partido despediron ao seu equipo con aplausos, tamén o fixo a afección do Arenteiro cos seus a pesar da derrota, recoñecendo desta maneira a boa traxectoria mostrada ata estas alturas do campionato.
Preme no enlace para ver o resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=sU3USKtA8Gk&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido no diario AS:
https://as.com/futbol/mas_futbol/el-deportivo-remonta-y-davo-vuelve-a-sa...

O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.
Nesta visita a Majadaonda, o Arenteiro entrou no partido titubeante e ben que o aproveitaron os madrileños para marcar o 1-0 cando apenas ían transcurridos 3 minutos de xogo, para logo nivelarse o dominio durante toda a primeira parte, ainda que sen ocasións de gol en nigunha das porterías.
Na segunda metade, o tútbol foi subindo de intensidade, e cando mellor estaba o Arenteiro chegou o segundo gol dos locais, no minuto 69 de partido. No tramo final, o Arenteiro foise a polo gol que necesitaba para entrar no partido, pero desta vez non chegou.
Agora, a pensar xa no partidazo que vivirá de novo Espiñedo, que será o próximo domingo dia 17 ás 19:00 horas ante o Deportivo, e no que o Arenteiro intentará despedir o ano cun triunfo ante a súa afección.
Video resumen do partido da TVG:
https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/o-arenteiro-perde-na-sua-visita-front...
Ficha do partido:
https://www.resultados-futbol.com/partido/Rayo-Majadahonda/Arenteiro
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »