Deportes

21, Abril 2024

Arenteiro e Ponferradina asinaron un empate sen goles nun partido bastante espeso e no que aínda asi houbo ocasións ante ambas porterias, desta maneira os verdes prolongan a súa sensacional serie de resultados no campionato de 1ª RFEF, son xa 7 partidos sen perder, desde que o fixera o dia 2 de marzo ante o Nastic de Tarragona.

Espiñedo volveu presentar unha gran entrada para ver un partido no que ningún dos equipos víu portería, e no que ambos adestradores diron por bo o resultado, un reparto de puntos que deixa ao Arenteiro na septima posición na clasificación, 3 puntos por detrás da Leonesa e 4 de vantaxe sobre Unionistas de Salamanca.

O Arenteiro xogou este encontro ante o equipo berciano con varias baixas de futbolistas que cumprian ciclo de amonestacións -Esquerdo, Tiago e Pibe- que xa estarán dispoñibles de novo para o partidazo do próximo domingo en Riazor co Deportivo. A nota positiva foi o debut esta tempada de Adrián Cruz,tras superar as lesións que o tiveron apartado do equipo desde o inicio mesmo da tempada.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=hBp5XLi2SpU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/04/22/arenteiro-empat...

13, Abril 2024

O Arenteiro non baixa o ritmo e continúa asinando unha tempada sensacionao no seu debut na Primeira RFEF, os calificativos comezan a acabarse para definir o que está sendo un temporadón no que os verdes afiánzanse na séptima posición tras este novo triunfo en terras catalanas.

Non se lle deron mal ao Arenteiro as longas viaxes deste ano a Cataluña, con victorias ante sabadell e o desta tarde ante o Cornellá, tras empatar o pasado domingo no Johan Cruyff co Barça Atlétic. Lonxe queda xa aquela única derrota en agosto do ano pasado no que fora o primeiro partido de liga no Nou Estadi de Tarragona.

No partido desta tarde pudo verse de novo a este gran Arenteiro, dominador claro dun partido que gañou con merecemento e xustiza con dous goles de Luisiño Chacón e Manín, un en cada parte. Os cataláns maquillaron o resultado xa no desconto, no minuto 96 de partido.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=MvzkJ3BoGaA

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/04/14/arenteiro-pone-...

7, Abril 2024

A histórica primeira visita do Arenteiro ao Johan Cruyff Estadio saldouse cun meritorio empate a un gol ante o filial culé, un dos grandes favoritos para o ascenso directo, un equipo que non perde desde que o fixo en Espiñedo e que no seu estadi tampouco pudo con este gran Arenteiro.

E eso que a tarde torceuse pronto, aos 15 minutos de partido o gardameta e capitán do Arenteiro caeu sobre o cespede lesionado e todo indica que podería repetir unha lesión da que xa ten experiencia na súa etapa no Ourense CF, o talón de Aquiles, o que siñificaría dar a tempada por rematada para un dos puntais deste Arenteiro. Unha lesión que deixa un sabor amargo a este punto de ouro conseguido polo Arenteiro na súa visita a Barcelona.

O partido foi tal como se esperaba, cun barça dominador e un Arenteiro sen complexos, con ocasións ante ambas porterías e na que se viron ata catro balóns que se foron aos postes, tres na portería do Arenteiro e unha na do Barça Atletic. As perlas da Masia adiantaronse no primeiro tempo, no que foron mellores, pero o Arenteiro tivo fases na que foi mellor na segunda parte, ata que no minuto 60 Manín puxo o empate a un gol que xa sería definitivo, foi cunha doble acción persoal do dianteiro verde, tras un corner botado por Pibe, primeiro cabeceando sobre a meta culé un balón que sacou con moitos apuros e aproveitando o rexeite para mandalo ao fondo da portería.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=ZwUh3jst6v8&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido na WEB OFICIAL do Barça:
https://www.fcbarcelona.com/en/football/barca-b/news/3959457/barca-atlet...

Cronica do partido en Mundo Deportivo:
https://www.mundodeportivo.com/futbol/fc-barcelona/20240407/1002223247/b...

31, Marzo 2024

Outra boa tarde de fútbol en Espiñedo no que ambos equipos buscaron a victoria, ambos gozaron de boas ocasións, nun partido no que se adiantaron os donostiarrras cun gol que chega no minuto 38 precidido dunha xogada na que se reclamou fora de xogo, que parecía moi claro, mentres no inicio da segunda parte Iván Ramos asinou o empate cun gran gol.

Foi un partido xogado de poder a poder con dominio alterno e ocasions de gol en ambas áreas, e con intervencións de mérito dos dous gardametas, sobre todo o local Diego García, que sacou dúas mans que evitaron o gol dos vascos. A máis clara do Arenteiro para o 2-1 tivoa Manín que por centímetros non chegou a rematar un balón servido por Álvaro Ramón que se paseou por diante da portería da Real Sociedad. Antes, o gardameta donostiarra xa evitara cunha enorme man o gol do Arenteiro tras un gran chut de Germán Nóvoa que se colaba pola escadra.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=1S-k8m8Xdzk&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

23, Marzo 2024

A histórica visita do Arenteiro ao mítico estadio da Nova Creu Alta saldouse cunha vitoria dos verdes grazas a un gol de Luis Chacón na primeira parte do partido, no que o equipo dirixido por Javi  Rey saíu sen complexos ante o Sabadell e soubo sufrir na segunda parte para traerse os 3 puntos para O Carballiño. Os medios locais refírense ao Arenteiro como o "equipo revelación" e aplauden o seu "exquisito trato do balón".

Con esta vitoria en Sabadell, o Arenteiro suma 43 puntos na clasificación e desta maneira podemos decir que alcanza a permanencia na categoria para a próxima tempada, e faino cando aínda restan 9 xornadas para rematar a competición, algo que nin os máis optimistas podían imaxinar a principios de tempada.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=R7xUJbLfkp8&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido no Diari de Sabadell:

https://www.diaridesabadell.com/2024/03/23/ce-sabadell-arenteiro-primera...

Cronica do partido en Isabadell:

https://www.isabadell.cat/esports/futbol/el-sabadell-cau-a-casa-contra-l...

17, Marzo 2024

A falta de 10 partidos para o final do campionato, aínda con 30 puntos en xogo, o Areneiro chega a puntuación de 40 puntos na táboa clasificatoria, a 8 puntos dos postos de promoción de ascenso e a 12 dos que perderían a categoria, achegándose outro chisco ao obxetivo da permanencia.

Ante un Rayo Majadaonda ao que so lle valía a victoria en Espiñedo para saír do pozo do descenso, os madrileños adiantáronse por dúas veces no marcador, asi que por dúas veces tivo que o Arenteiro empatar o partido, por segunda vez no minuto 81 co que sería o 2-2 defintivo. A partir dese momento o equipo, e tamén a afección, tivo fé para lograr a remontada ata o pitido final, e a punto estivo de conseguílo, ocasións para elo houbo unhas cantas.

Vídeo resumen cos catro goles do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Fs50oc12aBs&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/03/18/arenteiro-salvo...

9, Marzo 2024

A SD Tarazona adiantouse cun gol na primeira parte e foise ao descanso con vantaxe, mentres que na segunda parte o Arenteiro deulle a volta ao marcador con dous golazos de Christian Santos, un triunfo co que o Arenteiro da un paso de xigante no obxetivo da permanencia, xa que a falta de 11 xornadas alcanza os 39 puntos, ampliando a 12 puntos o colchón de seguridade co descenso.

Durante os primeiros 45 minutos o Arenteiro estivo por debaixo do seu nivel e víu como, igual que nos dous últimos partidos ante Logroñés e Nastic de Tarragona volvía encaixar gol a balón parado, desta vez de novo tras un corner que sacou a SD Tarazona e remachou a gol un xogador libre de marca dentro da área. Ademaís de conceder atrás, os verdes tampouco estiveron atinados de medio campo para adiante.

Afortunadamente, todo cambiou na segunda parte e en apenas 15 minutos o Arenteiro remontou o marcador, con dous goles dentro da área de Santos, tras sendas xogadas combinativas que culminou o venezolano-alemán dentro da área con dous golazos, o primeiro de cabeza no minuto 58 e o segundo no minuto 73 cun remate impecable por baixo ao segundo pau imposible para o gardameta local.

Os goles e o resumen do partido: https://feftv.com/es/content/7994

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/03/10/arenteiro-remon...

2, Marzo 2024

Tarde invernal no Carballiño para a primeira visita a Espiñedo do hsitórico Nastic de Tarragona, que se levou 3 puntos cun solitario gol no inicio da segunda parte ante un Arenteiro que apretou no tramo final e rozou e mesmo mereceu o empate, pero sen éxito.

Non axudaba ao espectáculo futbolístico o terreo de xogo, moi castigado polas intensas chuvias, e que claramente perxudicou o fútbol combinativo deste Arenteiro. Dentro do peor, o mellor da xornada e que o Arenteiro conserva un colchón de 10 puntos de ventaxa sobre o descenso.

Video co resumen do partido :https://www.youtube.com/watch?v=9jWY9xpd-Fg

 Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/03/03/arenteiro-estre...

24, Febreiro 2024

O Arenteiro non pudo cantar o mítico "gol en Las Gaunas" de tantas históricas tardes do fútbol no estadio rioxano, ata onde se achegaron un bo puñado de afeccionados verdes nun partido marcado polas ocasións de gol perdidas polos verdes.

A máis clara de todas elas, ao inicio da segunda parte xa co 1-0 no marcador, Cardero errou a portería baleira tras xogarlle unha mala pasada o bote do balón enviou o balón ás nubes ante os atónitos seguidores do Arenteiro que tan claro o viron que xa estaban en pe cantando o fallido gol. Mentres o Arenteiro non tivo a noite para culminar con éxito as súas oportunidades, o Logronés marcou o solitario gol do partido nun dos dous tiros que tivo entre os tres paus da portería de novo defendida por Diego García durante os 95 minutos de partido. Pero así é o futbol, gaña quen acerta ante a portería rival, e desta vez o Arenteiro non o fixo.

Cronica do partido no dixital nuevecuatrouno:

https://nuevecuatrouno.com/2024/02/24/deportes-golazo-ferni-victoria-sdl...

17, Febreiro 2024

O Arenteiro continúa metendo millo no cabaceiro para conseguir o seu obxetivo da permanencia na Primeira RFEF derrotando en Espiñedo a un bo Osasuna Promesas cunha gran xogada en ataque que culminou Álvaro Ramón cun "chupinazo" pola mesma escadra da portería pamplonica que puxo en pe ao graderío de Espiñedo.

Os verdes repetiron triunfo co mesmo resultado que sete dias antes coa Cultural Leonesa, mantendo a portería a cero e facendo de Espiñedo un fortín ante unha afección entregada cun equipo que continúa coa frecha cara arriba e durme nun colchón de 12 puntos sobre o descenso, e a tan so 3 puntos da promoción de ascenso.

Os navarros -que nos útimos tres partidos a domicilio viñan de empatan nos campos da Real Sociedad, Nastic de Tarragona e Lugo- demostraron o por qué son un equipo moi dificial de gañarlle, ben plantado, cunha defensa de 5 e un xogo moi vertical, complicaronlle ao Arenteiro un partido que, aínda asi, soubo madurar e tras dúas ocasións consecutivas, conseguir o gol do triunfo no minuto 83.

Resumen do partido na TVG e golazo de Álvaro Ramón:

https://www.g24.gal/-/alvaro-ramon-derruba-a-resistencia-do-osasuna-b-e-...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/18/arenteiro-derri...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes