Deportes

14, Setembro 2025

Primeiro desprazamento da historia do Arenteiro a terras extremeñas que vale outros 3 puntos para un Arenteiro que desta maneira asina o seu mellor inicio nas súas tres temporadas na Primeira RFEF.

Tras unha impetuosa saída ao partido do Cacereño, o Arenteiro foi progresando no encontro e pouco antes do descanso xogada antolóxica e cos mesmos protagonistas do gol ante Unionistas, Richarte envia unha enorme asistencia a Mingo e o dianteiro verde-hoxe con vestimenta negra- define á perfección axustado ao pau e facendo inútil a estirada do meta local, golazo dos que hai que merece a pena ver repetido varias veces.

Na segunda parte, tamén tras un bo inicio dos extremeños, o Arenteiro volveu golpear, con outra gran xogada de ataque que culminou Diego Moreno, 0-2 e regreso a O Carballiño con 3 pùntazos.

VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=f_T6KGsLMbg

Cronica do partido no xornal extremeño "Hoy"

https://www.hoy.es/deportes/futbol/primera-rfef/cacereno-patina-exilio-a...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/15/arenteiro-firmo...

7, Setembro 2025

A gran novidade da tarde foi a estrea por vez primeira en Espiñedo do sistema de videoarbitraxe implementado pola RFEF para a categoria de bronce do fútbol español.

Primeiro partido da liga en Primeira RFEF e bingo, primeiros tres puntos que se quedan en Espiñedo ante Unionistas de Salamanca, grazas a un golazo de Victor Mingo, que xa marcara co Arenas Club de Getxo e volveuno facer neste segundo partido do campionato tras unha boa asistencia de Richarte.

ViedeoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Z680Ozgs3x0

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/08/arenteiro-media...

31, Agosto 2025

Alzou o telón a liga 2025-2026 na Primeira RFEF, na que por terceira temporada consecutiva milita o Arrenteiro, e tamén por terceiro curso consecutivo os verdes comezan a competición con derrota.

Desta vez na visita ao histórico equipo vasco do Arenas de Getxo, e nun partido no os locais foron mellores e adiantaronse na primeira metade,  mellorando o Arenteiro na segunda metade cando ademáis xogou en superioridade por expulsión dun xogador local, empatou cun gol de Mingo pero no minuto 90 os vascos volveron marcar e asi quedarse cos 3 puntos.

VideoResumen:

https://www.youtube.com/watch?v=A4CoVWViXhg

Cronica en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/01/arenteiro-deja-...

Cronica en La Region:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-estrena-derrota-90-1_1_2...

27, Xullo 2025

Arenteiro e Ponferradina empataron sen goles no partido que era o primeiro test da pretempada para o equipo dirixido xa por Jesús Arribas, os verdes tan so cederon (3-4) na tanda de penaltis que decidíu o campión do trofeo "La Galiciana", que se foi para o Bierzo.

Cronica do partido en La Voz de Galicia:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/07/27/arenteiro-igual...

 

20, Xuño 2025

O xoven adestrador madrileño, de 28 anos, chega procedente do Rayo Majadahonda, coa ambición de dar continuidade á exitosa etapa do Arenteiro na categoria de bronce do fútbol español.

Na seguinte ligazón podes acceder ao acto de presentación de Jesús Arribas no salón de prensa de Espiñedo, no que participou o presidente do club, Argimiro Marnotes.

https://cdarenteiro.es/.../o-novo-adestrador-do-cd.../

11, Xuño 2025

O Club Deportivo Arenteiro presentou ao méxicano-brasileño, aínda que afincado en España desde fai 10 anos, Joan Lima Farías como novo director deportivo, tras a marcha de Álex Vázquez ao Racing de Ferrol.

Farías chega a O Carballiño, tras iniciar a súa carreira en España na estructura do Leganés, e tras o seu paso nos útlimos anos no Real Ávila, que con él na dirección deportiva pasou de loitar por non descender en Terceira RFEF, a gañar a liga, ascender a Segunda RFEF e desputar este ano a promoción de ascenso a Primeria RFEF.

A presentación de Farías no xornal La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-camina_1_20250612-387706...

A cronica do acto de presentación en La Voz De Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/06/11/arenteiro-ficha...

24, Maio 2025

O Nastic de Tarragona impúxose por 2-0, cun gol en cada parte ao Arenteiro no partido que baixou o telón á temporada 2024-25 na Primeira RFEF, nun estadio no que fai unhos anos víase fútbol de primeira división e nun partido presenciado no propio estadio por 9.125 persoas, unha entrada doutra categoria.

Os que non tiveron tanto sorte foron os afeccionados do Arenteiro, que se encontraron cun fallo na retransmisión televisiva da plataforma FEF.TV, que lles impedíu ver o partido en directo, pero estando moi atentos á radio e a internet, e tamén ao que acontecía nos outros catro partidos que podían facer perigar a salvación do Arenteiro, que no transcurso da tarde nunca estivo en perigo. Ao final Lugo, Unionistas e Sestao acabaron perdendo e Osasuna empatando, ningún alcanzou ao Arenteiro que consersou a posición 12 na táboa de clasificación final, con 48 puntos.

Crónica do partido en Diari de Tarragona:https://www.diaridetarragona.com/deportes/cronica-nastic-tarragona-arent...

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.diaridetarragona.com/deportes/cronica-nastic-tarragona-arent...

17, Maio 2025

Con 48 puntos no seu casilleiro e a falta dun partido para rematar a liga na Primeira RFEF o Arenteiro aínda non ten conseguida a permanencia materática, que sí conseguiría cun empate o próximo sábado no estadio dun Nastic de Tarragona xa clasificado para xogar a promoción de ascenso a Segunda División.

O Arenteiro sumou un empate ante a Real Sociedad B e tal como se deron os resultados resultou insuficiente, asi que todo queda pendiente para a derradeira xornada do campionato, na que outros seis equipos están implicados na loita pola salvación. Deles, Barsa B e Real Unión xa non poden alcanzar ao Arenteiro, pero sí poderían facelo no caso de que o Arenteiro perda en Tarragona e gañen os seus partidos Lugo, Unionistas, Sestao, e Osasuna Promesas. Xa están descendidos Amorebieta e Segoviana.

Neste partido que despedía tempada en Espiñedo, non se moveu o marcador durante unha primeira parte na que o Arenteiro foi de máis a menos. Xa no segundo periodo adiantáronse os vascos e Balselga estableceu o empate defintivo.

Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-no-remata-faena-1_1_2025...

 

 

11, Maio 2025

Os verdes entraron moi mal no partido e Osasuna Promesas aproveitouno, de tal maneira que aos vinte minutos xa gañaba 2-0 a un Arenteiro descoñecido, mesmo escaso de intensidade, como na xogada do segundo gol, un córner que os locais cabecearon a placer sen oposición dentro da área.

O Arenteiro tan so se salva nos inicios da segunda parte, cando sairon mellor que os locais e pudo meterse no partido nun balón que Enol puxo a Pascu, pero o seu disparo foise moi alto. Foi un espellismo, os navarros sentenciaron nunha contra de manual e obrigan ao Arenteiro a seguir pelexando a permanencia, con catro puntos de marxe sobre o descenso a falta de dous partidos, Real Sociedad o Próximo sábado en Espiñedo (19:00 horas) e o derradeiro da tempada no Nou Estadi de Tarragona.

Cronica do partido en Noticias de Navarra:

https://www.noticiasdenavarra.com/tajonar/2025/05/11/osasuna-promesas-re...

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=2DPHkJgv1c4

3, Maio 2025

A tormenta que descargou unha gran cantidade de sarabia e auga antes e durante o partido deixou un terreo de xogo bastante asolagado, que impedía a práctica do fútbol a ambos equipos.

A importancia dos puntos en xogo mantiveron a tensión neste Arenteiro-Zamora cunha parte para para cada equipo, a primeira foi para o Arenteiro que foi de menos a máis, adiantouse cun gol de Jaume Cuellar e perdonou o segundo. A segunda parte xa foi máis do Zamora, que empatou, pero aínda asi o Arenteiro pudo levarse o partido nun remate coa testa de Yac Diori  que merecía o gol, pero evitouno nunha gran intervención o gardameta visitante.

O Arenteiro tivo que xogar os minutos finais en inferioridade, xa que o colexiado asturiano García Riesgo expulsou a Jordan e segue aumentando a súa lenda, en catro partidos en Espiñedo leva seis cartóns vermellos, e catorce amarelos.

VideoResumen do Partido:

https://www.youtube.com/watch?v=MO6RH5p_ho4

Cronica do partido en La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-punto-cerca-objetivo-1_1...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes