Deportes

O Arenteiro sufríu a súa segunda derrota consecutiva en Espiñedo neste aciago mes de marzo no que primeiro a Ponferradina e agora tamén o Celta Fortuna, levaronse un botín de seis puntos do templo verde.
Como na maioria dos partidos, o Arenteiro saíu mellor que o seu rival, transmitindo boas sensacións que pouco duraron porque, apenas con 4 minutos de xogo a lesión de Tarsi Aguado foi un duro golpe para los verdes, que perderon a un dos seus xogadores importantes, e vai se o notaron, porque o Celta logo se fixo co mando do partido e conseguía inaugurar o marcador aos 21 minutos, un 0-1 co que xa se chegou ao descanso.
Nada máis reaundarse o partido, o Celta Fortuna, facendo honra ao seu nome, con enorme fortuna nun rexeite de Jordan que impactou nun futbolista celtiña facía o 0-2. Aínda con moito tempo por diante, no m. 68 Martín Solar cabeceou o 1-2 que esperanza verde de remontada, pero de ahí ao final foi un querer e non poder dun Arenteiro con máis corazón que ideas.
Ademáis de perder a Tarsi Aguado, que víu a quinta amarela cando xa estaba no banco, o Arenteiro tamén perderá para o partido do próximo sábado en León ao gardameta Diego García, ao ser expulsado neste partido de hoxe con vermella directa.
VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Gj5fx0Cpnp8
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/31/arenteiro-atasc...

Histórico primeiro partido oficial do Arenteiro fora do territorio español, o que desputou en Andorra, ante un dos equipos candidatos ao ascenso, e ao que xogou sen complexos, que pudo gañar calquera dos dous equipos e rematou en empate a un gol.
O partido púxose moi costa arriba para os verdes cando no minuto 7 o árbitro sinalou un riguroso penalti cometido por Mangel que supuxo o 1-0, o Arenteiro repúxose pronto do duro golpe e Basalega, que antes xa enviara un balón ao longueiro, aproveitou unha asistencia de Pascu e puxo o 1-1 no marcador.
Na segunda parte, houbo situacións de gol en ambas porterías pero o marcador xa non se movería,a pesar de que nos últimos minutos os locais apretaron, aínda que desta vez a valentía du Arenteiro que xogo de ti a ti ao Andorra, obtivo premio
VideoResumen do Partido:
https://www.youtube.com/watch?v=ft5JGvy7dKc
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/24/arenteiro-apret...
Cronica do partido no SPORTS:
https://www.sport.es/es/noticias/futbol-catalan/punto-115605056

Outra gran entrada en Espiñedo, con numerosa afección visitante e máis de 2000 persoas para ver como a Ponferradina, superada claramente polo Arenteiro en boa parte do partido,levouse para o Bierzo 3 puntos de ouro.
Esto do fútbol vai de goles e non de méritos, a Ponferradina fixo un gol na única oportunidade que tivo durante toda a primeira parte, na que o Arenteiro fixo méritos sobrados para adiantarse no marcador. Na reanudación, o equipo de Javi Rey defendeu a renda, e os verdes tardaron en pisar área, como volveron facer no último cuarto, pero o seu esforzo non tivo premio.
VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=vfsIhMV3p34
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/16/arenteiro-estre...

Chove sobre mollado, Fernández Buergo xa era de infausto recordo para a afección verde, que xa sufrira a este árbitro o ano pasado a pasada tempada nopartido de Espiñedo contra o Lugo, e volveuno sufrir neste partido de Irún, unha triste coincidencia.
Porque ninguén se explica o motivo de que deixara ao Arenteiro en inferioridade con máis de media hora de partido por diante, decretando vermella directa ao futbolista do Arenteiro Yac Diore, nunha xogada na que nin xiquera existíu falta.
A expulsión puxo moi costa arriba o partido para o Arenteiro, que tan so unhos minutos antes encaixara o gol do equipo irundarra, ao tranformar un penalti cometido por Simao.
Mereceu o Arenteiro cando menos o empate, e ocasións tivo para elo, pero desta vez o balón negouse a entrar na portería rival, asi que toca xa centrarse no partido do próximo sábado 15 ás 17 h. en Espiñedo.
VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=af-nIWp-uWQ
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/10/cruel-derrota-a...

Arenteiro e Sestao River repartiron puntos nun partido que pudo gañar calquera dos dous equipos e no que os verdes salvaron un punto no desconto tras un moi mal inicio no que os vascos adiantaronse cun 0-2 no marcador á media hora de partido.
Dous ataques mal defendidos pola defensa do Arenteiro propiciaron os dous goles sestaotarras e levaron a un Arenteiro que non tivo desta vez a súa mellor versión a remar contra corrente practicamente toda a tarde, sendo providenciais os descontos de cada unha das partes, cando Pascu -o mesmo que a pasada semana en Barcelona- fixo os dous goles do empate.
Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=IwiUzPFm1Dc
Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/03/02/fe-arenteiro-en...

O Arenteiro foi mellor que o filial culé e venceu con todo merececemento nun gran partido de fútbol no que houbo emoción, bo fútbol e cinco goles (2-3). e indo sempre os verdes por diante no marcador.
Os dous goles de Pascu e outro máis do pichichi Baselga, que xa suma dez no que vai de campionato, foron sufientes para derrotar ao xoven e talentoso Barsa At. no seu estadio.
Aquí podes ver o video co resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=7cZZURWlerw
Cronica do partido no SPORT: https://www.sport.es/es/noticias/barca/futbol-base/barca-atletic-vuelve-...
Cronica do partido en La VOz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/24/arenteiro-golpe...

Un mércores laborable e as cinco da tarde, e a pesar delo, máis de 1700 afeccionados deronse cita en Espiñedo para presenciar un partido de futbol no que o Arenteiro fixo mais méritos que o rival, pero o Barakaldo lévase un punto para o País Vasco.
Balsega adiantou na primeira parte ao Arenteiro tras unha xogada de fútbol de salón dos verdes, pero no segundo tempo os vascos empataron e o marcador xa non se movería, a pesar de que o Arenteiro intentouno ata o final.
Video co resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Qm8FFCEAkRA
Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/20/arenteiro-sumo-...

Espiñedo volveu ver outro triunfo do Arenteiro en Primeira RFEF, desta vez ante un correoso Tarazona, o equipo aragonés vendeu cara a súa derrota, que parecía clara no minuto 90 cando o Arenteiro gañaba por un claro 2-0, pero o desconto foi de infarto.
Tras un primeiro tempo igualado e moi trabado e sen ocasións de gol, o Arenteiro deu un paso adiante nunha segunda parte na que Baselga abríu o marcador cun balón que lle caeu coma un caramelo dentro da área nunha xogada de córner, e todo parecía sentenciado cando no m. 89 unha das últimas fichaxes dos verdes, Jaume Cuellar facía o 2-0 dun tiro raso axustado ao pau.
Pero xa en tempo engadido, no m. 93 Fuentes dun gran testarazo recortou para o Tarazona, e aínda terían unha boa ocasión os aragoneses para empatar na última xogada do partido.
Agora, a pensar xa no próximo mércores, ás 17 horas, cando se xogará o partido que fora adiado entre Arenteiro e Barakaldo.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=kRNPXGE2Kqg
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/02/16/arenteiro-reivi...

Segundo desplazamento en 7 dias do Arenteiro a terras vascas e segunda derrota dos verdes, esta vez nas instalacións de Lezama onde os cachorros bilbaínos conseguiron a súa cuarta victoria consecutiva cando xa parecía que o partido ía concluir con reparto de puntos.
Asi que infructuosa semana do Arenteiro ao País Vasco, e agora por diante dous partido consecutivos para regresar á senda das victorias en Espiñedo, primeiro o sábado 15 ás 17 h. fronte ao Tarazona, e o mércores 19 tamén ás 17 h. para o partido que fora adiado co Barakaldo.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=HsG4LPcEi6E
Cronica do partido no diario "Deia":
https://www.deia.eus/athletic/2025/02/09/bilbao-athletic-piensa-nuevos-r...

A falta de cinco minutos para completar a primeira parte seguramente polo pensamento de ningún afeccinado do Arenteiro pasaba pola cabeza que os verdes sairían derrotados con tanta contundencia na súa visita ao campo do Amorebieta.
Ata ese momento, no que os vascos conseguiron adiantarse no marcador, o Arenteiro estaba controlando sen ningún problema o partido e mesmo tivo unha boa ocasión de gol nun remate de Pascu que sacou a corner o meta local nunha gran intervención. Na segunda parte o Arenteiro volveu entrar ben no partido, pero dous goles do dianteiro Selma en apenas cinco minutos, os que foron do 63 ao 68, deixaron o partido visto para sentencia.
O Arenteiro, que se presentou neste partido con tan so 3 xogadores de campo no banquiño, entre baixas e saídas no mercado de inverno, agarda agora recompoñer o plantel e preparar xa o que será segundo desplazamento consecutivo ao País Vasco, e para xogar o próximo domingo en Lezama ante o Bilbao Atlectic.
Video resumen do partido:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »