Coidado con confundir padrón con censo electoral

22, Xaneiro 2023

Sobre unha denuncia ? comentario ?  anterior sobre os datos de población, debería o autor non confundir (falando de toxicidade), toda vez que nada ten que ver a poboación dun concello (Padrón Muncipal de Habitantes) co censo electoral nin co crecemento vexetativo nin co saldo migratorio nin co polbo á feira nin co polbo á brasa.

O Padrón de Habitantes é un dato anual, sempre con referencia a 1 de xaneiro do respectivo ano (o que está en vigor corresponde a 1 de xaneiro de 2022) e nel figuran as persoas que residen no municipio e están dados de alta no padrón municipal. Actualízase cada ano.

O censo electoral está formado por todas aquelas persoas que teñen dereito a voto nunhas eleccións, actualízase todos os meses e péchase dous meses antes da convocatoria electoral, por exemplo este ano que temos municipais e xerais serán dous censos distintos, e se houbese autonómicas serían tres censos electorais diferentes. O censo electoral para as eleccións locais do 28 de maio aínda está aberto.

Saúdos e saúde.