Deixade de darlle voltas ao futuro centro de saude
Non lle dedes mais voltas. O solar ou parcela idóneo para o futuro centro de saude do Carballiño xa está pillado e era onde agora están o novo mercadona e os esqueletos eses abandonados. Unha gran extensión total a ceo aberto de mais de 10.000 metros cadrados para o centro de saude, o PAC, os aparcamentos e incluso para as ambulancias e o helipuerto se quisexen ter todo xunto. Terreos que eran de veciños do Carballiño que se cederon gratis a RENFE e que despois da sua desafectación do uso ferroviario en vez de voltar para o ben común do conxunto dos carballiñeses foron vendidos a mans privadas como consecuencia da especulación urbanística pura e dura. Os intereses privados prevaleceron sobre os públicos. Logo pasa o que pasa. Que cando nos fan falta terreos para un proxecto importante para O Carballiño atopamonos con que non hai. Así nos vai.