Do PSOE de Boborás sobre o calamitoso estado dos accesos a Cardelle, Borraxas e A Fenteira.

23, Abril 2025

Os socialistas de Boborás alertan do cada vez peor estado desta estrada, que adolece
dunha grave falta de mantemento, máis alá de pequenos remendos puntuais que
non solucionan nada.

O malestar dos veciños e grande, chegando en días pasados a realizar numerosas
pintadas nos puntos máis deteriorados, cun dobre obxetivo, advertir a conductores
que circulan pola zona e a súa vez mostrar o seu cansancio polo lamentable estado
do firme, nelas podiase leer, ´´ Esta carretera pide arreglo ¨.

Non e o único lugar do municipio onde as estradas presentan graves deficiencias,
sendo especialmente preocupante o seu estado en Borraxas, así coma na Fenteira,
ambos na parroquia de Feás,ademais da estrada que vai de Saa a Beresmo.

Os socialistas de Boborás consideran que a estrada e un auténtico perigo para os
conductores, que intentan esquivar as innumerables fochancas, ademais de para os
vehículos, que sofren danos nos neumáticos, suspensión ou amortiguadores entre
outros, podendo ter que o Concello asumir a responsabilidade civil subsidiaria polo
mal estado da vía.

Por todo isto dende o PSdeG-PSOE de Boborás demandan unha reparación integral
da vía que dea resposta as demandas da veciñanza e solventen de xeito definitivo
esta problematica, que co paso do tempo non fai mais que agravarse