Obradoiro de emprego
Unha familiar foi á entrevista para o obradoiro de emprego e pídenlle un certificado de que non ten estudos para poder acceder. E resulta que ese certificado non llo fan en ningún sitio porque solo certifican os estudos que ten, non os estudos que non ten. É increible que unha persoa sen estudos quede fóra do obradoiro de emprego porque non pode presentar un documento imposible de conseguir. E o peor: entrarán no obradoiro persoas con formación e os encargados da selección de candidatos quedarán tan tranquilos. Lamentable que non sexan capaces de redactar unhas bases que polo menos sexan legais, porque pedir requisitos imposibles moi legal non parece.