As pintadas que inundan O Carballiño

20, Febreiro 2013

Tal como poidemos ver na prensa, a Policia Local identificou a un menor como 
presunto autor de pintadas con spray en numerosas vivendas privadas e na 
Fonte de Flores. Segundo esta información,  as dilixencias serán 
trasladadas á Fiscalia do Menor.

Como veciño deste pobo, soamente agardo que se tomen medidas severas que 
sirvan de escarmento para que estes contínuos actos bandálicos que teñen 
ao Carballiño cun aspecto desastrado deixen de suceder dunha vez por todas. 
Sen esquecer que, como consecuencia, somos  os carballiñeses os que, cos 
nosos impostos, nos temos que facer cargo dos gastos de reparación e 
limpeza.

Agradecemos  vixianza  e medidas serias contra aqueles que non foron educados 
para respetar os béns comúns ou privados. No caso de ser menores, a 
responsibilidade terá que recaer sobre os seus proxenitores