O Pobo de Arenteiro celebra as Festas da Peregrina, suspendidas o pasado dia 13 pola morte dunha veciña
Un feito insólito na historia festiva da nosa Comarca, o que acontecía este ano na localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán, ónde as festas na honra á Virxe Peregrina quedaban suspendidas en plena celebración o pasado domingo día 13, tras decidilo asi a Comisión de Festas, e como sinal de luto e condolencia pola morte repentina dunha moza de 32 anos de idade, veciña da parroquia, unha morte que deixou conmocionada á veciñanza e que motivou a suspensión do programa festivo. Agora, tras as negociacións da Comisión coas orquestras, as festas reanudanse este xoves 24 de setembro cunha verbena que estará amenizada por "América S.L.", e continuarán o venres 25 coa festa e verbena na que alternarán o grupo "Aramio" e a orquestra "Os Satélites". Éstas da Peregrina no Arenteiro son, xunto as da Milagrosa no Reino, as festas festas máis representativas do Concello de Piñor.