Centos de globos ao ceo do Carballiño para celebrar o dia das letras galegas
A Praza Maior acolleu este 17 de Maio o acto institucional organizado polo concello do Carballiño, que se desenvolveu cun ambiente festivo e a presenza de maior parte da Corporación Municipal.
O Alcalde, Argimiro Marnotes, deu lectura a un bando conmemorativo, e de seguido procedeuse á solta de mil globos de cor azul co lema escrito en cor branca "Letras Galegas 2012 concello do Carballiño", combinando asi as dúas cores da bandeira galega. Ademáis, prendido a cada globo, colocaronse papeis con frases, palabras e lemas alusivos á lingua galega, feitos polo alumnado dos distintos centros educativos do Carballiño.
Ao acto acudiron a maioria dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE, asi como numerosos nenos, que foron protagonistas destacados deste actividade conmemorativa do dia das letras galegas, que contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüistica do concello do Carballiño.