O grupo socialista propón que se instaure unha taxa para os caixeiros das entidades bancarias
Os socialistas presentaron a iniciativa por medio dunha moción para que sexa tratada no pleno da corporación carballiñesa.
A creación da nova ordenanza implicaría unha taxa que deberían abonar as entidades bancarias que teñan instalados caixeiros automáticos nas fachadas das rúas. O grupo socialista incluso propón a contía económica da nova taxa, serían 3.600 euros por cada caixeiro. Explican que "a lexislación permite de forma clara o cobro desta taxa por aproveitamento da vía pública".
Desta maneira, o concello tería unha nova vía de recadación "distinta á de esquilmar continuamente os petos dos contribuíntes", subliñan os socialistas. Solicitan ademáis, que non se aplique ningunha exención e que a nova ordenanza entre en vigor coa maior premura posible.