Encontran morto ao concelleiro socialista de Piñor Rubén Pérez Vázquez, de 36 anos, na súa casa familiar de Fontelo
Os seus pais, ao ver que non saía para o traballo, entraron na habitación e atopárono morto. Rubén Pérez Vázquez, tiña 36 anos, formaba parte do grupo municipal socialista no concello de Piñor.
A última hora da mañá realizouse a autopsia do cadáver, que deberá concretar as causas da repentina morte.
O concello de Piñor decretou loito oficial polo falecemento do seu concelleiro. O PSdeG emitíu un comunicado no que expresa a "inmensa dor" polo repentino falecemento e traslada as condolencias á familia, amigos e compañeiros socialistas, especialmente ao grupo municipal socialista do concello de Piñor.
O cadáver vélase no velorio municipal de Piñor ata as cinco da tarde deste xoves dia 18 de Febreiro.