Minuto de silencio na Praza Maior en sinal de condolencia e solidariedade coas vitimas dos atentados de Catalunya
Un centenar de persoas, entre as que se atopaban os portavoces e membros da corporación municipal do Carballiño, funcionarios, veciños e visitantes, concentráronse este venres dia 18 de Agosto ás 12 da mañá na Praza Maior e gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos atentados de Barcelona e Cambrils e en solidariedade coas vítimas, as súas familias e os veciños destas localidades.
Esta convocatoria levouse a cabo secundando a realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Dende primeiras horas da mañá as bandeiras do concello do Carballiño están a media asta en sinal de condolencia.