Deputación e Concello supervisan as obras de mellora vial e medioambiental que se executan en Leiro
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o municipio de Leiro, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, para visitar obras dos ámbitos medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación de Ourense.
Na vila de Leiro, foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou temas en materia de infraestruturas viarias e medioambientais. Tamén estivo presente o primeiro tenente de alcalde de Leiro, Ramón Álvarez.
Despois, o presidente da entidade provincial achegouse á senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.