Maside: A chapuza da calle Pousiña
O concello despilfarrou 80.000 euros dos cartos dos Plans Provincias da Deputación en botar unhas capas de asfalto que escarallaron ainda máis o estado lamentable das vías.
Denunciábase esto o 6 de xaneiro, e incluso se criticaba a desidia da oposición http://copecarballino.es/denunciacidada/para-os-copleros-de-maside
O oito de xaneiro unha excavadora escarabellou na desfeita (volvíase a denunciar e sacáronse fotos o dez de xaneiro) http://copecarballino.es/denunciacidada/maside-chapuza-da-calle-pousina
E a foto de hoxe é o estado actual da desfeita. Os traballos da excavadora non arranxaron nada, volveuse a abrir un buraco, e a famosa plancha metálica volve a agochar con estoica heroicidade a incompetencia de goberno e oposición. A desfeita segue mal sinalizada, e os que veñan da curva atoparanse de novo con esta coñecida sorpresa.
Algún día faremos unha reportaxe do empleo destes 80.000 euros. Hai vías nas que se botaron estas capiñas de asfalto, con cráteres de máis de dous metros.