Para os copleros de Maside

6, Xaneiro 2018

Para eses que se decican a repetir o latiguillo do PXOM de Maside, e que non foron capaces de levalo adiante en 16 anos de goberno do PP nin nos posteriores 10 anos e medio de nefasta oposición voulles deixar unhas recomendacións.

Moito mellor que fantasmear sobre un PXOM que nin tiveron o interese de desenvolver, nin teñen a capacidade nin a vontade real de que sexa unha realidade, o que deberían facer pra ter un mínimo de credibilidade, sería amosar a máis básica capacidade pra facer oposición.

Esta é a calle Pousiña en Maside. Fai menos de seis meses foi "arranxada" cunha capa de asfalto con cargo aos plans provinciais  Este é o estado actual dese gran "arranxo"·. Unha auténtica chapuza. A chapa metálica que agocha este buraco, leva aí máis de dous meses. Como a chapa metálica foi desplazada polo tránsito rodado, nosos dilixentes dirixentes municipales tiveron a deferencia de poñer estes hitos de plástico que levan aí unha semana. Non se lles pode pedir moito, e non sinalizaron o perigo pra os que veñen da curva.

Entendo que a oposición está moi ocupada en plantexarse recabar auxilio ante as "autoridades competentes" porque o "Sr. Alcalde de Maside" non lles pon os plenos os mércores. Como ciudadano de Maside, se non é moito pedirlles, cando recuperen o resuello de tanto deliberar sobre esta innominia de non poñerlles os plenos os mércores, sexa cando sexa que teñan un pleno, non estaría de máis que fiscalizasen a acción do goberno, e preguntasen qué empresa fixo esta desfeita, e se van a solicitarlle a esta empresa o arranxo dos vicios ocultos desta auténtica chapuza.

Amor con amor se paga, e o deleite que produce a literatura de tan alto nivel, debe ser correspondido cunha recomendación feita de boa fe.