Falece aos 64 anos o escritor e investigador Elixio Villaverde García, natural do Irixo
Natural do lugar da Ponte -6 de Abril de 1954- Elixio Villaverde foi promotor e animador de distintas iniciativas culturais e sociais no concello do Irixo, nos anos 70 e 80 do século pasado.
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese "La emigración gallega a México 1878-1936", exerceu a docencia e colabou como articulista con distintos medios galegos, destacando a súa aportación como investigador sobre a temática migratoria, que podemos encontar na "Gran Enciclopedia Gallega".
Como escritor, deixanos varias publicacións, sendo merecedor do premio Vicente Risco de cencias sociais. De temática local é "A Terra de Orcellón e O Irixo", editado en 1986.
Este sábado´dia 15 de Setembro ao mediodia recibirá sepultura no cemiterio da súa parroquia natal, Santa María do Campo. O Cadáver vélase no Tanatorio Veracruz, no polígono industrial da Uceira - O Carballiño.