O concello pechará os actos conmemorativos do 75 cabodano do pasamento de Palacios coa instalación dun busto na Praza da Veracruz
Logo de 75 anos do pasamento de Antonio Palacios, o Concello do Carballiño decidiu que o ano 2020 debía ser o do recoñecemento a un artista que sen dúbida deixou a súa pegada na vila. O Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, foi diseñada polo arquitecto no pasado século e hoxe segue a ser un dos grandes reclamos de Galicia.
Así pois, o concello comezou o recoñecemento cun exitoso concerto en marzo da Escolanía de Segovia, que deu lugar á apertura do Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso", ao que seguiron outros das corais do Carballiño. Tamén se editaron uns folletos divulgativos sobre o Templo da Veracruz que están repartidos pola vila e foron ben acollidos por visitantes.
Agora, o Concello do Carballiño pretende pechar esa homenaxe que se viu afectada pola actual pandemia. Por iso vai colocar un busto de Antonio Palacios no entorno do templo que de visibilidade a un dos grandes arquitectos contemporáneos de España e levará a cabo unha conferencia sobre a vida e obra do artista cando a situación sanitaria o permita.