O Carballiño, con apenas un cuarto de contaxios en relación ao resto de concellos que entran no máximo nivel de restriccions. O alcalde Fumega apoia as medidas "para non retroceder ao mes de Outubro"
Según os datos que recolle este mércores dia 13 de Xaneiro coronavirus.sergas.gal e que están actualizados ás 18:00 horas de onte martes, cando o comité clínico da Xunta incluíu a O Carballliño entre os grupos de concellos con máximo nivel de restriccións, O Carballliño manténse en canto a incidencia acumulada de novos contaxios nos últimos 14 dias no parámetro entre 150-250 por cada cen mil habitantes.
Son 32 novos contaxios nos últimos 14 dias no Carballiño (37 casos activos na actualización de Sanidade de hoxe). Chama a atención este dato se o comparamos co resto dos concellos de idéntica poboación aos que a Xunta encadrou no nivel máximo de restriccións, xa que todos eles teñen unha incidencia de coronavirus moi superior, e ata catro veces máis novos contaxios nos últimos 14 dias dos que ten O Carballliño, según os datos oficiais.
A explicación para incluir a O Carballlño no nivel máximo de restriccións, según as explicacións do alcalde Francisco Fumega a COPE O Carballiño é "porque aínda que teñamos moitos menos casos, parece que están diseminados, apenas teñen relación entre si, o que fai moito máis dificil o seu control, e por eso son estas medidas tan duras, para que non pasar polo que xa pasamos en Outubro, esto é o que me trasladan dende o Sergas", manifestou o rexedor municipal, que mostrou o seu apoio a estas novas medidas restrictivas que contemplan o peche perimetral do municipio e a prohibición de atender no interior dos locais de hostelería.