As terrazas do Carballiño en tempos de COVID
Quero dicir en primeiro lugar que este non é unha crítica a hostelería en xeral. Sei que este sector o está a pasar moi mal dende fai case un ano, e que toda axuda é pouca para que cando esto pase poidan volver a ser a forza do Carballiño, e de tantos lugares de Galicia e España. Pero me gustaría preguntar sobre as macro-terrazas que estamos vendo estos días no Carballiño, que son directamente carpas. E a miña preocupación non é que non se poida pasar, nin que queden bonitas u feas, nin que sexa xusto para o resto da xente unha ocupación asi da vía pública. Como digo, creo que estamos en tempos excepcionais e que se debe permitir si con eso conseguimos que unha familia, que un negocio non se arruine. Pero o que si me preocupa das terrazas e o efecto que esto ten sobre a propagación da COVID. É dicir, a lei permite polo momento servir en terrazas por que hai más distancia e están máis ventiladas, o que reduce os contaxios. Pero si convertemos as terrazas en galpóns e metemos un montón de mesas dentro, ¿non estamos no mesmo? É ben certo que feita a lei, feita a trampa. Pero por favor, que esas trampas non perxudiquen a saude de todos.