O Sergas incorpora durante este mes 7 médicos en atención primaria, ao adxudicar prazas vacantes nos centros de saúde de Piñor, San Amaro, Punxín, Beariz, Cenlle, Leiro e Beade. Os novos facultativos tamén reforzarán o PAC.
A Xunta adxudicou en total de 96 prazas en toda Galicia, das que 7 pertencen a centros de saúde das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, unha selección que se realizou mediante concurso de méritos para incentivar a cobertura de prazas vacantes en Atención Primaria, as chamadas "prazas de difícil cobertura", un sistema que ven a paliar o deficit de facultativos que mantiña baixo míninos varios centros de saúde.
Nesta primeira quenda para a adxudicación de prazas de médicos de cabeceira , cubrironse as que estaban vacantes nos centros de saúde de Piñor, San Amaro, Punxín e Beariz na comarca do Carballiño, mentres que na comarca do Ribeiro incorpóranse novos médicos nos centros de saúde de Cenlle, Leiro e Beade.
Ademáis de cubrir as prazas nos citados centros de saúde, o novos facultativos reforzarán as gardas médicas nos PAC do Carballiño e Ribadavia, onde se atende as urxencias en horario entres as 3 da tarde ás 8 da mañá.