Espazo Común asegura que votará ao seu candidato Pachi Vázquez, neste caso Fumega será reelixido como alcalde do Carballiño este próximo sábado.
Espazo Común difundíu esta mañá un comunicado no que asegura que votarán ao seu candidato á alcaldía Pachi Vázquez na sesión de investidura do próximo sábado dia 17, desta maneira e toda vez que o Partido Popular xa avanzou que tamén votará ao seu candidato, a dia de hoxe parece que cobra forza a idea de que Francisco Fumega será reelexido como alcalde do Carballiño, por ser o maís votado o pasado 28-M
Reproducimos íntegramente o comunicado de Espazo Común:
"Entramos na semana decisiva para definir o FUTURO do Carballiño. Dende Espazo Común queremos dar as gracias a todos os carballiñeses que depositaron a súa confianza en nós; e ó mesmo tempo queremos facerlles chegar a nosa postura sobre a elección do GOBERNO MUNICIPAL o próximo sábado día 17. Presentámonos co COMPROMISO de CAMBIAR determinadas cousas : 1 -Ubicación do CENTRO DE SAUDE 2 -Solucionar conflito do ASILO 3 -Axudas ós libros de texto 4 -Novas infraestructuras deportivas 5 -Limpeza do pobo, do Parque Municipal e do medio rural. Nos días transcurridos dende as eleccións, ningunha formación política expuxo unha proposta de CAMBIO REAL. O candidato do Partido Popular só ten unha proposta: SER ALCALDE pero nada manifesta sobre as NECESIDADES do CARBALLIÑO. O actual alcalde asume a súa derrota pero INSISTE en NON CAMBIAR NADA… sinxelamente ESPERAR e que pase o tempo. Ante esta SITUACIÓN dende ESPAZO COMUN só nos queda anunciar que : VOTARÉMONOS A NÓS MESMOS e seguiremos traballando polo CAMBIO REAL no CARBALLIÑO o tempo que sexa necesario".