Pacto de goberno en Punxín entre PP e CXG: Casalta seguirá como alcalde e Eladio Fernández será Tenente Alcalde. Fracasa a oferta do PSOE, que tamén ofrece un acordo de cogobernanza.
O único concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, Eladio Fernández, anuncia un acordo para un pacto de gobernanza co Partido Popular para este próximo mandato no concello de Punxín.
Nas eleccións do pasado 28-M, o Partido Popular obtivo 3 concelleiros, outros 3 acadou o PSdeG-PSOE liderado por Lorena Peleteiro, e Compromiso por Galicia, cun único concelleiro, completa a próxima corporación que se constituirá este próximo sábado.
No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado de Eladio Fernández comunicando a decisión de apoiar ao candidato do Partido Popular Manuel Vázquez "Casalta" e integrarse no futuro goberno municipal de Punxín.
E tamén podes descargar o comunicado do PSdeG-PSOE no que se ofrece un pacto de goberno ao concelleiro de Compromiso por Galicia.