O Carballiño recibe na casa do concello nun acto institucional á vicepresidenta do Goberno de España, Yolanda Díaz, no día grande da Festa do Pulpo
A vicepresidenta do Goberno de España e ministra de traballo, Yolanda Díaz, asistíu hoxe á 61 edición da Festa do Pulpo que neste domingo 13 de agosto estáse a celebrar no Carballiño.
A Vicepresidenta, que estivo acompañada en todo momento pola portavoz da Plataforma SUMAR no congreso, Marta Lois, vencellada familiarmente a O Carballiño, foron recibidas na casa do concello polo alcalde Francisco Fumega nun acto institucional no que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos grupos políticos da corporación municipal. Yolanda Díaz asinou no libro de honra do concello do Carballiño.
Despóis de ofrecer declaracións en clave política aos medios fronte á escultura da pulpeira na Praza Maior, a Vicepresidenta en funcións do Goberno de España camiñou xunto aos responsables municipais ata o parque municipal do Carballiño, onde se celebra como cada segundo domingo de agosto a "gran pulpada mundial", considerada como a festa gastronómica máis importante de Galicia, e declarada desde 2022 como Festa de Interese Turístico Internacional.