O concello do Carballiño instalará un sistema de bombeo manual para rematar coa problemática do Bañiño de Arcos, que volveu quedar sen auga outro verán maís. A Deputación financiará o proxecto.
A Deputación de Ourense financiará un proxecto que vai solucionar dunha vez por todas a problemática que desde fai xa polo menos 15 anos atrás ven afectando ao Bañiño de Arcos, xa que conforme avanza o verán e baixa o caudal do río Arenteiro, o cano do Bañiño queda sen a famosa auga minero-medicinal.
Esta auga, que tantos usuarios ten tanto veciños da comarca como incluso de fora, está indicada para enfermidades de fígado, ril, vesícula e pel, clasificadas polos especialistas como frías, cunha temperatura de 18 graos. Recoméndase o seu consumo durante sete días consecutivos en xaxún ou en baños para a pel, polo que a moitos usuarios esta problemática represéntalle un gran perxuízo.
En COPE O Carballiño, a petición da nosa audiencia, interesámonos hoxe por esta problemática, e o alcalde Francisco Fumega avanzou nesta emisora de radio a execución inminente dun proxecto para solucionar este problema, que ademáis mellorará a salubridade da propia auga, ao sustituír o depósito de cemento por outro con planchas de alumiño, ademáis de instalar un novo sistema de bombeo manual. Escóitao no audio adxunto.