O pulpo triunfa en USA da man do pulpeiro carballiñés Paco Gómez e o chef Anxo Trives, da asociación Amigos da Cociña Galega, ante empresarios e influencers gastronómicos.
O restaurante Casa D´Paco, no 73 Warwick Street de Newark (condado de Essex; New Jersey), acolleu un show de cocina especializado en pulpo da man do pulpeiro de Arcos-O Carballiño Paco Gómez e o chef Anxo Trives, destacados membros da asociación Amigos da Cociña Galega, que estes días participan nun encontro gastronómico a celebrar en diferentes puntos dos Estados Unidos para promocionar a gastronomía galega.
Unha iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense. A este primeiro encontró acudiron líderes empresariais da comunidade e recoñecidos influencers dos Estados Unidos.