Festival de Maxia con talleres e 3 grandes espectáculos, jazz con Alfonso Medela e Trio, cine e ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", na axenda desta fin de semana.
Os Magos do Ribeiro, Chaves-Portugal e do Círculo Auriense xúntanse no Carballiño esta fin de semana para conmemorar a festvidade de S. Xoán Bosco, o patrón da maxia cun gran festival que incluirá talleres de maxia para nenos e nenas de 6 a 12 anos e de iniciación á cartomaxia para maiores, o sábado dia 3 a partir das 4 da tarde en adiante no Hotel-Restaurante O Xardín.
Ademáis, 3 grandes espectáculos: Infantil cos magos Fernando Moreno, Cris e Deime o sábado 3 ás 18:30 h. no Café-Bar Estatequieto. Ás 12 da noite do sábado, no Café-Bar O Caserio, cos magos Ninou, Guto e José Rivera. E finalmente, o domingo dia 4 ás 17:00 horas no Hotel-Restaurante O Xardín, cos magos David Méndez e Camilo Vázquez. Todos eles gratuítos.
Alfonso Medela e Trio regresa á noite carballiñesa dos sábados, e faino coma sempre a ritmo de jazz ás 23:00 h. na Cafetería-Cerveixería Fass.
O Novocine de Leiro estrea "ARGYLLE", a película que proxecta sábado e domingo en pases ás 17:00 e 20:00 horas.
A empresa Rutea organiza a ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", con saída ás 10:30 horas do domingo desde o bar Barqueiro de Avión, e con finalización ás 16:00 horas e despóis de facer un percorrido de 14,5 kilómetros de dificultade media. O prezo da inscripción é de 12 euros a través de contacto@rutea.es e no teléfono 636085133