A alcaldesa do Irixo evita someterse á cuestión de confianza á que a emplazou a corporación e O PP ofrécelle "unha segunda oportunidade para aprobar os orzamentos". Escóitao aquí.
O pleno extraordinario da corporación do Irixo celebrado esta mañá solicitado a instancias do Partido Popular desenvolveuse sen sorpresa, e a alcaldesa Susana Iglesias rexeitou someterse a unha cuestión de confianza.
A corporación solicitoullo por maioriía, tras contabilizarse 5 votos a favor (4 do PP e 1 do concelleiro Juan Manuel Villanueva) e 2 abstencións do grupo socialista, que está integrado no goberno municipal con Xuntos polo Irixo. Polo que os únicos votos en contra foron o da propia alcaldesa e a concelleira Tamara Civeira.
O portavoz popular ofrece "unha segunda oportunidade á alcaldesa para a aprobación dos orzamentos", aínda que Manuel Cerdeira advirte que "de agora en adiante, o vitimismo xa non ten sentido".
Escóitaoo no PODCAST de COPE O Carballiño.