ABANCA colabora coa XXXII Festa da Vendima do Concello de Leiro, que se celebra esta próxima fin de semana.

23, Agosto 2023

ABANCA e o Concello de Leiro veñen de asinar un convenio de colaboración que materializa o apoio da entidade financiera á XXXII Festa da Vendima, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de agosto. O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, e o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, foron os encargados de asinar o acordo, acompañados polo director da oficina de ABANCA en Leiro, Miguel Madriñán Camba.

Esta colaboración "enmárcase dentro da vontade do banco de contribuir ao desenvolvemento, promoción e difusión da cultura e as tradicións galegas a todos os niveis. De feito, ABANCA é a única entidade patrocinadora de festas de interese turístico en Galicia que conta cun acordo específico para este fin", indican desde a entidade crediticia.

Ademáis, o apoio á Festa da Vendima tamén responde "ao firme compromiso histórico que mantén o banco co sector vitivinícola a través da súa unidade ABANCA Agro, que conta cun amplo equipo de profesionais especializados no sector e unha oferta financeira integral e adaptada ás necesidades específicas que presenta esta actividade económica", remarcan desde ABANCA.