Alternativa Veciñal demanda a inmediata apertura do parque intercomarcal de bombeiros e pide que sexa de xestión directa
O concelleiro de AV do Carballiño, Bernardo García, recordou como "este parque de bombeiros O Carballiño-Ribeiro leva varios anos de retraso na súa apertura, as instalacións están rematadas e xa foron licitados os vehículos, o problema agora é que se cambeou o modelo de xestíón, e que o Consorcio Provincial pretende sacar a concurso a xestión, privatizando o servizo, a o que nos nos opoñemos".
Alternativa Veciñal pretende que esta reivindicación sexa tratada nunha moción nun dos próximos plenos que celebre a corporación municipal do Carballiño, defendendo un modelo de xestión público "toda vez que as instalacións e dotación material fíxose con recursos públicos, ademáis polas características do servizo, a súa prestación non pode estar sometida á lóxica da obtención de beneficios, o que conlevaría a precarización do servizo".
Outro dos integrantes de AV, Manuel Nogueira, expuxo que este mesmo acordo vaise trasladar ao resto dos concellos de ambas comarcas, ademáis de esixir a apertura inmediata das instalacións sitas no parque empresarial do Carballiño.