Ambiente festivo en Espiñedo, con máis de 2.000 persoas, na vitoria do Arenteiro ante o Burgos Promesas, que deixa aos verdes ao bordo do ascenso matemático

8, Abril 2023

O Arenteiro gañou 2-1 aos burgaleses e queda pendente dos resultados de Avilés e Guijuelo deste domingo, xa que si ningún dos dous gañase, o Arenteiro sería xa campión matemático da Segunda RFEF e a falta de xogarse aínda 5 xornadas, se non fose asi habería que agardar ao próximo domingo no Couto para cantar o alirón.

O Arenteiro está a unhas horas ou a algunhos dias para citarse coa historia, Espiñedo volveu quedarse pequeno outro partido máis, con máis de 2.000 afeccionados e afeccionadas que non pararon de animar nos 95 minutos no que o balón estivo en xogo.

Non foi dos mellores partidos dos verdes esta tempada, nin moito menos, ademáis enfronte tiña a un equipo, o filial do Burgos, que xogou o seu mellor partido da tempada, a decir das crónicas burgalesas. Ainda así, Manín marcou o 1-0 no primeiro periodo, e xa na reanudación e tras o empate do Burgos, Germán Novoa marcou un auténtico golazo para poñer patas arriba Espiñedo.

Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-derrota-ao-burgos-promesas-2-1-e-e-vir...