Cinco persoas feridas tras unha colisión entre unha ambulancia e un turismo na N-541
Cinco persoas resultaron feridas esta tarde -sobre as 17:30 horas- nunha colisión entre unha ambulancia e un coche en Boborás. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, dúas das vítimas, que viaxaban no vehículo medicalizado, tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño.
A ambulancia quedou envorcada tras o choque frontal co turismo, transportaba a dúas persoas enfermas.
Ata o lugar onde ocorreu o accidente, o punto quilométrico 31 da N-541, desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que as persoas feridas foron finalmente evacuadas en ambulancia.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 17:35 horas para dar conta do accidente. Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Avión.